Ducias de persoas de distintos colectivos das comarcas afectadas por esta instalación, agrupadas nas plataformas de Deza, Carballiño, Piñor e O Irixo, percorreron uns doce quilómetros até os montes comunais do Coto do Marco nos que está prevista a construción da planta. O roteiro rematou cun xantar conxunto e a levtura colectiva do Manifesto do Irixo.
A pesar de que nas últimas semanas a Deputación de Ourense, incluído o Partido Popular, se manifestou en contra desta localización para a incineradora, e de que mesmo o Goberno galego deixou ver algunhas dúbidas sobre o emprazamento, a mobilización dos colectivos opostos á planta non se reduce. De feito, a indefinición sobre o lugar escollido fai que calqueras dos concellos próximos ao Irixo (ou o propio Concello do Irixo noutra localización) teña posibilidades de acoller a instalación.