Hai días nos que a carraxe pola situación económica estoupa necesariamente. Hai razóns para a protesta, tantos coma desempregados e tantos como conflitos laborais ou sociais. E a comarca de Ferrolterra ten moito de todo iso. Precesiamente este xoves coñecíanse os datos da EPA que sitúan a taxa de desemprego en Ferrol no 32% da poboación activa. Traballadores e traballadoras do naval e doutros sectores e empresas, coma Poligal, Maderas del Noroeste, Tecnymo ou FIMO, da sanidade e do ensino, afectadas polas preferentes e vítimas dos desafiuzamentos, e representantes da Marcha Mundial das Mulleres, entre outros, concentráronse ante a Casa do Concello de Ferrol coincidindo coa celebración do pleno municipal.
Protestaban pola situación económica, e sobre todo pola que viven o concello e a comarca e demandaba a dimisión do goberno municipal. En paralelo os traballadores de Navantia en Ferrol ocuparon o edificio da dirección e os de Fene pecháronse na fábrica. Mentres, no Concello a protesta subiu dende a rúa até o mesmo Salón de Plenos. A chegada do alcalde popular, Rey Varela, elevou o ton e a intensidade das protestas e dez minutos despois o pleno quedaba suspendido por primeira vez nos últimos trinta anos.
Os concelleiros do PP abandonaron o salón e pecháronse nunha sala contigua, mentres os representantes de PSOE, EU e BNG ficaron no Salón de Plenos. Despois de case unha hora os manifestantes foron abandonando o edificio.
Suspensión do pleno en Ferrol
-
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Os concelleiros do PP abandonan o salón de plenos -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol -
Protestas no Concello de Ferrol