Compostela acolle o II Encontro de Mulheres da Lusofonia

Programa do encontro Dominio Público Praza Pública

Este venres comeza en en Santiago de Compostela o II Encontro de Mulheres da Lusofonia, un evento organizado pola Academia Galega da Língua, a Associação Pró-AGLP e a UMAR-União de Mulheres Alternativa e Resposta que busca "crear unha rede plural feminista de mulleres do espazo lusófono, potenciando un entrecruzamento de diálogos, de experiencias e de coñecemento". 

Cómpre destacar que a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa estará representada pola sua directora xeral, Georgina Benrós de Mello, sendo a primeira vez que a CPLP envía un alto cargo para un evento en territorio galego. A Xunta de Galicia tamén contará con representación no acto inaugural (o sábado ás 9.30 horas da mañá), coa presenza de Xosé Lago (subdirector de relacións exteriores e coa Unión Europea), que compartirá mesa con Joana Sales, presidenta da UMAR e a profesora Maria Dovigo pola Academia Galega da Língua Portuguesa.

Busca "crear unha rede plural feminista de mulleres do espazo lusófono, potenciando un entrecruzamento de diálogos, de experiencias e de coñecemento"

Os actos, con todo, comezarán xa este venres pola tarde, coa proxección na libraría Lila de Lilith, a partir das 19.30, do documental Era uma vez um arrastão, seguido dunha conversa coa súa directora, Diana Andringa. Entre o sábado e o domingo a Casa da Língua Comum (Rúa de Emilio e de Manuel, 3) e a Casa das Mulleres Xohana Torres (Rúa Bernardo Barreiro, 12) acolleran varias mesas redondas e debates, centradas en asuntos como Diáspora lusófona na Galiza, Entre o ativismo e a pesquisa. Mulheres e resistência, Feminismos na Lusosfonia ou Feminismos em Compostela. Lila de Lilith será o escenario dun recital poético de autoras galegas o sábado á tardiña. E o encontro pecharase o domingo ao mediodía.

 

Programa do encontro Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.