David Reboredo seguirá en prisión a pesar do indulto

David Reboredo Dominio Público Praza Pública

A confusión invadiu a familia Reboredo cando a noticia estalou. A súa casa é un fervedoiro de chamadas para confirmar a noticia. O Goberno concedeu o indulto parcial a unha das dúas condenas de David Reboredo. En concreto á imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra no ano 2010, de tres anos e medio de prisión, segundo contan fontes de Xustiza.

As alternativas pasan pola concesión do terceiro grao, sobre a que se pronunciará previsiblemente a próxima semana a prisión da Lama, adianta a avogada Esther Lora, ou que se acorde a liberdade condicional

Con todo, David ten aínda pendente a primeira condena de 2007, rebaixada polo Tribunal Supremo a dous anos de cárcere. As saídas redúcense a unha cuestión penal e non xurídica, aclaran os seus avogados, porque a condena de David Reboredo xa está en execución. Se non ingresase sería posible obter a suspensión da mesma.

As alternativas pasan pola concesión do terceiro grao, sobre a que se pronunciará previsiblemente a próxima semana a prisión da Lama, adianta a avogada Esther Lora, ou que se acorde a liberdade condicional. De non producirse, Reboredo tería que cumprir dous anos de cárcere, dos que xa cumpriu tres meses desde o seu ingreso en decembro do pasado ano. Deberá aboar ademais unha sanción de dous euros diarios pola condena indultada, uns 1500 euros

A outra alternativa para que David abandone a prisión sería que o Goberno conceda outro indulto para a primeira condena, sobre a que non se pronuncia por falta do informe do tribunal sentenciador, segundo consta na nota de prensa do Consello de Ministros. Os avogados móstranse estrañados por esta situación, dado que ambos os informes notificáronse ao mesmo tempo.

“É un gran paso, non o definitivo”, conta Marcos Reboredo, o seu irmán, “porque se abre unha nova vía”, despois das dúas peticións de indulto rexeitadas anteriormente

“É un gran paso, non o definitivo”, conta Marcos Reboredo, o seu irmán, “porque se abre unha nova vía”, despois das dúas peticións de indulto rexeitadas anteriormente. A familia móstrase cauta pero confiada de que este será o penúltimo chanzo para que David salga de prisión e obteña a liberdade.

David Reboredo leva máis de tres meses na cadea da Lama. Neste tempo recibiu a solidariedade e o apoio unánime da sociedade viguesa e galega, e mesmo o pleno do Concello de Vigo e o Parlamento galego no seu conxunto aprobaron declaracións pedindo o seu indulto. Este mesmo xoves celebrouse na Praza da Constitución de Vigo un novo acto de apoio, no un cento de persoas iluminaron con candeas e fachos textos da Constitución para pedir xustiza.

David Reboredo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.