Denuncian a actividade de Humana en Galicia pola súa ligazón coa seita Tvind

Un dos contedores de Humana © eco13.net

Un blogue e unha conta de twitter compoñen a primeira fase dunha campaña que procura informar sobre as actividades da ONG Humana, vinculada coa organización dinamarquesa Tvind, á que os promotores da iniciativa cualifican que "rede criminal internacional que xá foi denunciada en moitos países de Europa". O blogue Contra a seita Humana/Tvind na Galiza afirma que "dende hai uns anos os contedores de recollida de roupa usada co deseño dun globo terráqueo forman parte da paisaxe urbana de moitas vilas galegas. Aparecen e desaparecen de forma irregular e mudan a súa localización".

"A información que aparece neles é limitada, mas din que a roupa depositada axuda a proxectos no 3º mundo", pero engaden que en realidade "coa nosa doazón só engrosaremos a conta de benefícios Tvind"

"A información que aparece neles é limitada, mas din que a roupa depositada 'axuda a proxectos no 3º mundo', din, pero engaden que en realidade "coa nosa doazón só engrosaremos a conta de benefícios Tvind". O blog conclúe que "é necesario que as galegas coñezan que os cartos obtidos das súas doazóns non chegan ao terceiro mundo e son desviadas para financiar unha seita con rexistros criminais que opera desde Dinamarca. É primordial destapar o nome e as denuncias de delitos financeiros que pesan sobre os fundadores. É fundamental concienciar para que as nosas doazóns cheguen realmente a quen as necesitan".

Outras páxinas informativas denunciaron nos últimos anos a actividade de Humana en España e noutros países. Kurioso.es, por exemplo, escribía hai dous anos que "esa ropa que donas véndese probablemente a dúas mazás do contenedor nas propias tendas da ONG, ou a prezo de saldo nalgún pequeno mercado". Kurioso engadía que os principais líderes de Tvind internacional foron xulgados, e algúns condenandos, por evasión de impostos, fraude y enriquecemento ilícito, e que os non condenados fuxiron despois da sentenza para evitar el proceso de apelación. En 2001 o grupo de xornalistas dinamarqueses que destaparon o caso descubriu unhas propiedades de luxo a nome dos dirixentes da seita valoradas en máis de 6 millóns de euros. No ano 2009 recolléronse, só en Vigo, ao redor de 160.000 quilos de roupa.

A maioría das veces a ONG constrúe "un escudo borroso a base de contratos e acordos coas administracións públicas ou concellarías de Medio Ambiente, denuncia Kurioso. Porén, moitos concellos e administracións están retirando todos os contedores da suposta ONG.

Un dos contedores de Humana © eco13.net

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.