En 1989 naceu o Project Censored, unha iniciativa xornalística norteamericana co obxectivo de revelar e difundir aquelas informacións que eran censuradas polos grandes medios de comunicación. O proxecto, ademais, dá unha definición de censura -concepto amplo, subxectivo e en discutible- moi acaída e que se liga á responsabilidade cidadá dos medios como garantes do dereito á información das persoas: "Un relato informativo censurado é unha información que a poboación dos EE.UU. ten o dereito e a necesidade de coñecer, pero á que tivo acceso limitado", din, e en base a esta definición os activistas desta iniciativa dedícanse a investigar o que nos contan e o que silencian os medios e a denunciar os casos máis graves de omisións, insuficiencias e distorsións na súa cobertura informativa.
Inspirados polo Project Censored, nos anos seguintes naceron outros, coma o alemán Initiative Nachrichtenaufklärung, en 1997. E este xoves presentouse o Anuari Mèdia.cat, subtitulado Os silencios mediáticos de 2011, que recolleu e investigou os 15 temas que o equipo de xornalistas que compoñen o proxecto considerou que foron os máis importantes que os medios de comunicacións dos Países Cataláns ocultaron, obviaron ou minimizaron nos últimos meses.
A iniciativa parte de Media.cat, un observatorio crítico dos medios cataláns, creado polo Grup de Periodistes Ramon Barnils, que naceu co obxectivo "de traballar na difusión e na defensa dun xornalismo riguroso e un espazo comunicativo propio para Catalunya. Tamén colabora o Col·legi de Periodistes de Catalunya. Este xoves, Día Internacional da Liberdade de Prensa, presentouse o anuario, que estará dispoñible en papel e tamén a través da rede
Estes son os 15 temas censurados
O Anuari Mèdia.cat recolleu e investigou os 15 temas que o equipo de xornalistas que compoñen o proxecto considerou que foron os máis importantes que os medios de comunicacións dos Países Cataláns ocultaron, obviaron ou minimizaron nos últimos meses
Seis borbóns e centos de mariachis. A infanta Pilar de Borbón, irmá do rei Joan Carlos I, ten un patrimonio de 4,5 millóns nunha SICAV que practicamente non paga impostos (Xavier Alegret)
Agbar, unha xestión ilexítima da auga. Unha sentencia afirma que non hai contrato de concesión que regule a relación entre o Concello de Barcelona e a empresa que subministra a auga á capital catalá (Laia Balasch)
As guerras dos bancos cataláns. Un informe de Setem denuncia que o Banc Sabadell, La Caixa, Bankia, Catalunya Caixa e Banca March financian e invisten en empresas de produción armamentística (Joan Farrés)
Catalunya Caixa promove a especulación con alimentos básicos. A ONG Veterinaris Sense Fronteres denuncia a entidade por colaborar no encarecemento mundial de produtos de primeira necesidade a través dun depósito financeiro de risco (Montse Santolino e Jordi de Miguel)
Protestas ecoloxistas contra o gasoduto do Vallés. A canalización que unirá Martorell e Figueres para transportar gas natural a Europa central ten un futuro incerto polas dúbidas do goberno francés sobre o proxecto (Roger Tugas)
Un parque temático en nome de deus. A nova lexislación turística e de urbanismo do goberno balear abre as portas de Mallorca a Tierra Santa, o primeiro complexo de ocio católico de Europa (Xavier Gispert)
A fraude fiscal cústalle a cada catalán 876 euros ao ano. O 71% da evasión tributaria, que se calcula nuns 16.000 milions de euros, prodúcese entre as grandes fortunas e corporacións empresariais (Maria Manyosa Masip)
Sen leis para os lobbys. O Estado españo é un dos poucs países europeos que aínda non ten ningunha normativa para que os grupos de interese e a acción política se relacionen de forma transparente (Víctor Saura)
Contra a "política antisindical" de Ford. Unha resolución pioneira do Tribunal Superior de Xustiza valenciano destapa as prácticas de discriminación sindical continuada na multinacional automobilística (Joan Canela i Barrull)
As 27 leis catalás empantanadas no Constitucional. O Alt Tribunal español ten pendentes de resolución recursos de inconstitucionalidade de 16 leis catalás, 8 de valenciás e 3 das Illas (Bernat Ferrer i Frigola)
Cinco casos de éxito en mediación social. A mediación como resolución de conflitos reconduciu no 2011 mási de 2.400 disputeas na demarcación de Barcelona (Vera Giró Castell)
As trampas do burka. A Generalitat prohibirá o burka e o nihab nas rúas de toda Catalunya a finais do 2012 coa futura Lei de Dereitos e Deberes da Cidadanía (Noura Aharchi)
País Valenciano: Un modelo en vías de extinción. Os valenciáns continúan dando apoio ao PP malia os casos de corrupción. O clientelismo, a corrupción e o mal recordo dos gobernos do PSPV son factores que contribúen a manter as maiorías da dereita (Francesc Vidael)
As razóns do non. Case un 50% de cataláns votaría ‘non’ ou absteríase nun referendo sobre a independencia, por motivo identitarios e económicos oo porque prefiren un model federal para o Estado español (Ariadna Cortés)
Os Balañá, tres xeracións de discreción e negocio. O goberno catalán, grazas a unha emenda de CiU, terá que indemnizar por lei os propietarios da praza Monumental polo final da actividade taurina (Albert Balanzá)