Unha das principais razóns esgrimidas para defender a necesidade de levar a cabo fusións de concellos, para así reducir o seu número, é a da escasa poboación de moitas entidades locais. Moitos concellos con poucos habitantes, o que incrementa os gastos xerados polo mantemento destas estruturas administrativas e, ademais, limita as súas opcións para acceder a financiamento público. Aínda o pasado mes de marzo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu o proceso iniciado por Cotobade e Cerdedo destacando que o Goberno galego vén "fomentando fórmulas de cooperación municipal dende fai anos como maneira de xestionar eficazmente os servizos públicos e paliar, na medida do posible, a perda de poboación dos municipios rurais galegos".
O Programa de Estabilidade 2014-2017 remitido polo Goberno español ás autoridades da UE en outubro de 2014 prevía un aforro de 1.970 millóns de euros a través de fusións municipais
A Lei da Reforma Local de 2013 apostaba por superar a “atomización do mapa municipal”, incorporando "medidas concretas para fomentar a fusión voluntaria" de concellos de menos de 5000 habitantes. Entre estas medidas estaban o incremento do seu financiamento, a preferencia na asignación de plans de cooperación local ou de subvencións ou a dispensa na prestación de novos servizos obrigatorios como consecuencia do aumento poboacional. A medida tamén aparecía no Programa de Estabilidade para o periodo 2014-2017 remitido polo Goberno español ás autoridades da UE en outubro de 2014, que prevía mesmo un aforro de 1.970,5 millóns de euros a través destas fusións.
Dende 2013 só se completou en España unha fusión (a de Oza-Cesuras) e, en cambio, creáronse sete novo municipios en Cáceres, Granada, Almería e Málaga
Porén, dende 2013 só se completou en España unha fusión (a de Oza-Cesuras) e, en cambio, creáronse sete novo municipios en Cáceres, Granada, Almería e Málaga. Anúnciase agora a de Cerdedo-Cotobade. En cambio, noutras comunidades como moito están en marcha algúns estudos e propostas, que aínda deben ser analizadas, debatidas e aprobadas. En Cantabria, por exemplo, o pleno municipal de Potes (1.421 habitantes) votará o vindeiro 7 de maio unha proposta para unirse con Cillorigo de Liébana (1.345). Pouco máis que contar: algún documento en Baleares ou Zamora fai recomendacións de cara a levar a cabo estes procesos, pero dende logo esas decisións non figuran nas axendas de case ningunha forza política.
Fóra de Galicia o PP mantén unha radical oposición a cumprir as recomendacións da Lei de Reforma Local ou do Programa de Estabilidade aprobados pola formación
Fóra de Galicia o PP mantén unha radical oposición a cumprir as recomendacións da Lei de Reforma Local ou do Programa de Estabilidade aprobados pola formación, rexeitando por completo as fusións na Rioxa, Castela-León, Comunidade Valenciana ou Aragón. Os populares empregaron este tema como arma electoral ante Ciudadanos, que en principio si defendía esta redución do número de concellos, aínda que cando as eleccións estaban próximas matizou a súa proposta, pasando a apostar por "fusións frías", de xeito que se centralizasen servizos a nivel comarcal nos municipios de maior poboación.
Xoán Paredes: "O dilema fundamental reside no falhanço de estabelecer (...) um modelo claro para o nosso território baseado num consenso"
As fusións de Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade foron criticadas polas forzas da oposición e tamén por expertos que denuncian, máis aló da necesidade ou a conveniencia puntual de levar a cabo estas unións concretas, a ausencia de planificación e de debate real sobre a ordenación do país e sobre cal debe ser a súa estrutura administrativa. Neste senso, o xeógrafo Xoán Paredes escribía en Praza hai unhas semanas que "o dilema fundamental reside no falhanço de estabelecer um quadro de referência, uma estratégia ou plano nacional capaz de coordenar e integrar todos os diferentes actores sociais, económicos e territoriais. É dizer, um modelo claro para o nosso território baseado num consenso, algo que a administração galega em todas as suas incarnações foi incapaz de providenciar apesar do extenso debate académico e conversas de café sobre o tema". E engadía que "a alternativa das tantas vezes publicitada concentração municipal não resolveria grande cousa por ela mesma. Tirando alguns estudos muito parciais, não sabemos nada sobre novos pólos e novos fluxos derivados da criação de novas jurisdições".
Mentres, este mesmo martes a responsable de Política Institucional do PSdeG-PSOE, Marisol Soneira, sinalou o “medo” do PP a pedir un “estudo serio” sobre a viabilidade das fusións de concellos que poida poñelas “en cuestión”. Os socialistas galegos reclamaron que a Xunta presente un estudo de reordenación da planta local que poida ser utilizado como base para as iniciativas de fusión ou cooperación supramunicipal, e que analice as características socioeconómicas e demográficas, os niveis de servizos e administrativos ou a potencial integración en áreas socioeconómicas concretas. De igual xeito, o PSdeG-PSOE denuncia que a Xunta “desprezou" nos últimos ano "as oportunidades de cooperación supralocal” mentres o Goberno central “coa colaboración da Xunta impediu o desenvolvemento da autonomía local, cercenou as competencias dos concellos e conxelou todo tipo de financiamento
Castela-León, Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela-A Mancha...
Entre os 314 concellos galegos hai 3 que teñen menos de 500 habitantes (Negueira de Muñiz, A Teixeira e Beade) e outros 24 que contan entre 501 e 1000
Falta, pois, un debate profundo, aberto e sosegado sobre este tema, que moitas veces se reduce ao argumento poboacional, sen ter en conta a coherencia das fusións, ou os fluxos relacionais existentes entre as distintas localidades a nivel comercial, de servizos ou residencial e laboral. En Chama a atención, igualmente, que sexa Galicia a única comunidade que iniciou procesos de fusión, cando non está entre os territorios do Estado con máis concellos. Nin é das comunidades con municipios de menor poboación.
Entre os 314 concellos galegos hai 3 que teñen menos de 500 habitantes (Negueira de Muñiz, A Teixeira e Beade) e outros 24 que contan entre 501 e 1000. Moi lonxe das cifras de Aragón, con 538 localidades con poboacións inferiores ás 500 persoas, dun total de 731 municipios. Ou das de Castela-León: 1.756 entidades locais de menos de 500 habitantes, sobre un total de 2.248. E análises semellantes pódense facer con Navarra (152 municipios que non acadan ese número de persoas), A Rioxa (131), Castela-A Mancha (511), Comunidade Valenciana (142), Cataluña (332) ou Estremadura (112). No extremo oposto atopamos comunidades con estruturas administrativas moi diferentes, con poucos municipios, de maior tamaño e poboación, como Asturias, Baleares, Canarias ou Murcia.
Apenas o 8,6% dos concellos galegos teñen menos de 1000 habitantes, moi por debaixo de Castela-León (88%), Aragón (85%), Castela-A Mancha (69%), Navarra (69%)
Apenas o 8,6% dos concellos galegos teñen menos de 1000 habitantes, moi por debaixo de Castela-León (88%), Aragón (85%), Castela-A Mancha (69%), Navarra (69%), Extremadura (54%), Cataluña (51%), C.Valenciana (40%), País Vasco (40%), Cantabria (32%), Andalucía (26%), Madrid (26%) ou Asturias (22%). Só Baleares (9%), Murcia (7%), Canarias (1%) presentan datos semellantes aos de Galicia, cunha proporción moi reducida de pequenos concellos,