Human Rights Watch denuncia o "uso excesivo da forza" por parte da policía o 1-O

Actuación policial o 1-O no instituto Jaume Balmes de Barcelona © Robert Bonet

A ONG Human Rights Watch (HRW) denunciou este xoves o "uso excesivo da forza" por parte da Policía Nacional e a Garda Civil nas cargas policiais para impedir o referendo do pasado 1 de outubro en Cataluña. Nun comunicado, a entidade en favor dos dereitos humanos reclamou unha "investigación efectiva" da actuación policial por parte de expertos internacionais.

"A policía podía ter a lei da súa parte para facer cumprir unha orde xudicial, pero iso non lles daba o dereito de usar a violencia contra manifestantes pacíficos", afirmou Kartik Raj, investigador para Europa occidental de HRW

A investigación en Cataluña de HRW, onde os seus membros visitaron e se entrevistaron con lesionados o 1-O polas cargas policiais, destaca que o exceso policial non se deu soamente polas cargas policiais contra votantes "pacíficos", senón que tamén se produciu en relación á orde que tiñan do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) para impedir o referendo sen afectar á convivencia cidadá. "A policía podía ter a lei da súa parte para facer cumprir unha orde xudicial, pero iso non lles daba o dereito de usar a violencia contra manifestantes pacíficos", afirmou Kartik Raj, investigador para Europa occidental de HRW. Neste sentido, HRW censura a utilización de porras para golpear a persoas que se resistían "pasivamente" e ás que os corpos policiais, nos súas máis de 80 intervencións, causaron "múltiples feridas".

A entidade reclamou unha "investigación efectiva" da actuación policial por parte de expertos internacionais

Tras falar con vítimas e testemuñas e revisar probas fotográficas e médicas, así como imaxes de vídeo, HRW insta o Goberno central a garantir unha "investigación efectiva" sobre as denuncias que xerou o 1-O. Tendo en conta as "tensións actuais" entre Generalitat e Executivo central, HRW recomenda que a investigación a lidere "un organismo internacional independente". O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, publicou un tuit no que considerou "demoledor" o informe de HRW "contra a violencia policial".

 

Actuación policial o 1-O no instituto Jaume Balmes de Barcelona © Robert Bonet

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.