Javier Couso: “Esperamos que os culpables continúen en busca e captura toda a vida, sen poder saír do seu país"

Javier Couso Dominio Público Praza Pública

José Couso morreu asasinado o 8 de abril de 2003 en Bagdad, onde se atopaba para informar sobre a invasión estadounidense do país. Segundo explica o seu irmán, Javier, “o caso segue aberto e en fase de instrucción”. Recuperamos no décimo aniversario da morte do xornalista esta entrevista de Héctor Juanate que publicamos o pasado ano.

O camarógrafo español José Couso morreu asasinado o 8 de abril de 2003 en Bagdad, Irak, lugar onde se atopaba para informar sobre a invasión estadounidense do país. Hoxe, nove anos despois do sucedido, os responsables do seu asasinato, o xeneral Thomas Gibson, o capitán Phillip Wolford e o tenente coronel Philip de Camp aínda seguen sen pagar as consecuencias dos seus actos.

O mesmo día no que Gibson disparou varios proxectís desde o seu tanque M1A1 Abrams contra o Hotel Palestina, excusouse dicindo que tiña visto un observador, cando o exército estadounidense sabía que nese edificio se aloxaban os xornalistas que cubrían a guerra. Os únicos observadores que Gibson asegurou ver eran cámaras que grababan desde os balcóns das súas habitacións. No piso catorce atópase o propio Couso, que morreu polas graves feridas provocadas polos disparos; no piso quince estaba o camarógrafo de Reuters Taras Prosyuk, que morreu no acto. Ese mesmo día o exército de EEUU atacou tamén as sedes de Al Jazeera e de Abu Dabi TV, no que semellou un plan contra os medios de comunicación que informaban da invasión.

Phillip de Camp, responsable do Cuarto Batallón da Tercera División de Infantería de EEUU, chegou a declarar: “Sinto dicilo, pero son o tipo que matou os xornalistas”

Malia as excusas do Goberno estadounidense, que defendeu sempre que os seus soldados respondían a fogo inimigo, e as presións exercidas sobre os dous últimos Gobernos de Aznar e Zapatero, que participaron no bloqueo do caso segundo desvelaron os cables de Wikileaks en decembro de 2010, a verdade é que os propios membros do exército estadounidense recoñeceron os feitos. Phillip de Camp, responsable do Cuarto Batallón da Tercera División de Infantería de EEUU, chegou a declarar: “Sinto dicilo, pero son o tipo que matou os xornalistas”.

Na actualidade, segundo explica o irmán de José Couso, Javier, “o caso segue aberto e en fase de instrucción”. A última actuación, conta, foi un novo auto de procesamento contra Gibson, De Camp e Wolford, ademais da imputación dos dous primeiros por Crímes Contra a Comunidade Internacional e posibles Crímes de Guerra. Doutra banda, o xuiz Santiago Pedraz, que levou o caso desde o seu comezo, librou novas comisións rogatorias para interrogar aos imputados “en virtude do tratado bilateral de asistencia en materia xudicial e penal” e para obter datos sobre o patrimonio dos procesados coa finalidade de que fagan frónte á súa responsabilidade civil, fixada por Pedraz en tres millóns de euros. Asimesmo, estase a espera da declaración da ex sarxento da intelixencia militar estadounidense Adrienne Kinne, que “tiña coñecemento da declaración como obxectivo militar do Hotel Palestina” e da xornalista de Democracy Now que a entrevistou, Amy Goodman.

"A xustiza ten caracter exemplarizante e por iso é importante apostar por ela no caso Couso, que en realidade é o caso de todos os xornalistas, xa que está en xogo a protección da prensa e da información, pilar básico das sociedades libres e democráticas"

Na mesma liña que o irmán de Couso, a xornalista Olga Rodríguez, testemuña do asasinato do cámara, opina que a nivel xudicial téñense dado "novos pasos para a xustiza universal, sentando precedentes impensables hai nove anos". No encanto, Rodríguez cree que aínda queda "moito camiño por percorrer xa que, lamentablemente, a miúdo a lei internacional non é máis que tinta sobre papel". Pese a todo, amósase optimista: "A reacción ante a impunidade non debe ser a inacción. Existe exemplos recentes, como o de Arxentina e as súas nais e avoas da Praza de Maio, a quenes moitos tacharon de tolas; grazas ao seu empeño e esforzo, moitos criminais da dictadura arxentina terminaron sentando na bancada, algo que parecía imposible". "A xustiza ten caracter exemplarizante e por iso é importante apostar por ela no caso Couso, que en realidade é o caso de todos os xornalistas, xa que está en xogo a protección da prensa e da información, pilar básico das sociedades libres e democráticas".

Respecto ao novo Executivo, con Mariano Rajoy á cabeza, Couso opina que non actuará de forma diferente aos dous anteriores

Respecto ao novo Executivo, con Mariano Rajoy á cabeza, Couso opina que non actuará de forma diferente aos dous anteriores. “Non teño ningún novo elemento para pensar que este Goberno, herdeiro do de José María Aznar (Rajoy foi vicepresidente durante o seu mandato), vaia cambiar a orientación da política española, cando hoxe, ademáis do seguidismo que se lle presupón a Washington, engádese a cesión total da soberanía económica a entes financieiros supranacionais con base en Bruselas”, denuncia.

"As mortes dos xornalistas condicionan incluso a dinámica de traballo nas redacións: coñezo a xornalistas directores de medios que, trala morte de Couso, admitiron que a partir dese momento pensarían moito máis se enviar ou non un reporteiro á guerra"

Olga Rodríguez non pensa diferente. Na súa opinión, a morte, ou asasinatos, de xornalistas en conflictos "non serve nunca para que os gobernos aumenten a presión". "As mortes dos xornalistas condicionan incluso a dinámica de traballo nas redacións: coñezo a xornalistas directores de medios que, trala morte de Couso, admitiron que a partir dese momento pensarían moito máis se enviar ou non un reporteiro á guerra", sinala para engadir que "é unha reacción lóxica ante a impunidade dos exércitos, aínda que esa reacción limita a presenza de xornalistas, que son testemuñas, en lugares que precisan de numerosos ollos para observar actuacións que, con probabilidade, sobrepasarán o límite que impoñen as leis".

Javier Couso, malia as interferencias dos Gobernos e os nove anos de espera para que se faga xustiza, móstrase esperanzado: “Esperamos que os culpables continúen en busca e captura toda a súa vida, sen poder saír tranquilamente do seu país e quen sabe se algún día, como lle pasou ao vello e confiado Pinochet, poidan ser detidos nun terceiro país e postos ante as autoridades xudiciais españolas lexítimas, profesionais e independentes”.

Polo de agora, a familia de Couso non descansará na busca de que se faga xustiza co seu irmán e seguirán a recordar cada ano aquel 8 de abril de hai nove anos. O próximo ano 2013 será o décimo aniversario.

Javier Couso Dominio Público Praza Pública
Praza da Paz José Couso, no barrio de Esteiro, en Ferrol Dominio Público Colexio de Xornalistas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.