Mangouras: "O Goberno español levou o Prestige a ningures"

Mangouras declara no xuízo do Prestige Dominio Público Praza Pública

Por terceira vez, o capitán do Prestige, Apostolos mangouras, denunciou a xestión do Goberno español na xestión da catástrofe, así como o trato recibido polas autoridades logo da súa detención. "Tratáronme como un criminal; foi o peor día da miña vida", asegurou este martes na terceira sesión do seu interrogatorio e a preguntas do letrado da compañia propietaria do buque, Mare Shipping.

"Tratáronme como un criminal; foi o peor día da miña vida"

Xa que logo, Mangouras insistiu en que o afastamento do Prestige, logo de que estivese estabilizado o 14 de novembro de 2002, foi "a peor decisión posible", xa que había un aviso de temporal para o día seguinte e que provocou os danos posteriores e o afundimento do petroleiro. O capitán culpou o Goberno español de levar o barco "a ningures" e insistiu en que lle resultou estraño que o Executivo non lle facilitase á embarcación un porto refuxio. "Se fose levado a unha enseada, non perdería máis carga e teríase salvado", aclarou.

"Sen a orde" que as autoridades españolas deron sobre o rumbo do Prestige, "a contaminación nunca tería afectado ao Cantábrico nin á costa francesa", engadiu Mangouras.

Mangouras declara no xuízo do Prestige Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.