Medio millón de galegos e galegas residen fóra de España

Galegos e galegas residentes no estranxeiro Dominio Público Praza Pública

O INE publicou este mércores os datos da Estatística do Padrón de Residentes no Estranxeiro, un total de 2.183.043, dos que case unha cuarta parte son galegos e galegas (493.970). O número de galegos e galegas que viven de forma estable fóra de España non deixa de crecer e incrementouse en case 110 mil dende o ano 2009, un 29%.

Esta cifra acolle todo tipo de circunstancias, dende persoas que emigraron hai varias décadas, os seus descendentes, novos emigrantes que marcharon do país nos últimos anos ou persoas nacionalizadas recentemente, por exemplo a través da extensión da nacionalidade española derivada da Lei da Memoria Histórica. Este incremento deixouse ver xa no aumento do Censo de Residentes Ausentes (CERA), que se incrementou en 100 mil persoas dende o 2008. Dese total de 493.970 galegas e galegos que viven no estranxeiro, algo máis de 158.000 mil naceron en España.

Arxentina (168.263), Venezuela (46.882), Brasil (46.217), Uruguai (40.505), Suíza (39.567), Cuba (36.414), Francia (18.649), Estados Unidos (17.678), Alemaña (16.485), Reino Unido (12.882), México (12.445) acollen os maiores continxentes. Chile (3.907), Portugal (3.863), Panamá (3.477), Países Baixos (2.976), Bélxica (2.812), Andorra (2.398), República Dominicana (2.345) ou Canadá (2.173) teñen tamén importantes comunidades galegas, que se distribúen por case todo o planeta. Máis de sesenta países contan con 24 galegos ou máis entre os seus habitantes, que suman un total de 1.748 en Oceanía, 1.087 en Asia ou 951 en África.

  2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015
Menos de 35 anos 126.456 133.155 140.000 144.941 149.459 153.322 157.740
35-65 146.118 153.330 165.972 175.438 183.052 188.984 193.898
Máis de 65 111.025 114.583 119.244 125.433 131.301 137.252 142.332
Total 383.599 401.068 425.216 445.182 463.812 479.558 493.970

Galegos residentes no estranxeiro. Fonte: INE

Galegos e galegas residentes no estranxeiro Dominio Público Praza Pública
Comunidades galegas no estranxeiro Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.