Lugo acollerá este venres, a partir das sete da tarde no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a Xornada da Asociación Galega de Apicultura sobre o papel das abellas na economía e sostibilidade do medio. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) salientou a importancia económica do sector, cunha facturación anual en Galicia de 12 millóns de euros, produto da venda de 2 millóns de quilos de mel, e que dá traballo a unhas 3.500 persoas, case a metade na provincia de Lugo.
A Asociación Galega de Apicultura (AGA) salientou a importancia económica do sector, cunha facturación anual en Galicia de 12 millóns de euros, produto da venda de 2 millóns de quilos de mel, e que dá traballo a unhas 3.500 persoas, case a metade na provincia de Lugo
A deputada provincial Sonsoles López Izquierdo, responsable de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, salientou que estes datos "amosan unha vez máis, que o medioambiente é a nosa oportunidade económica porque os recursos naturais da nosa provincia xeran riqueza produtiva e postos de traballos”. En Lugo hai 37 mil colmeas. Por Comarcas, é a de Sarria a que concentra o maior número delas seguida, por esta orde, dos Ancares, Terra Cha, Quiroga, Lugo e A Mariña. Ademais, o 95% dos apicultores lucenses non conta con máis de 50 colmeas, sendo moi poucos os que superan as 150, sinalou.
Segundo datos do parlamento europeo facilitados por AGA, o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas
Pero a importancia da apicultura vai máis aló da economía, ou cando menos do beneficio inmediato que xera a venda de mel e outros produtos. Segundo datos do parlamento europeo facilitados por AGA, o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas. Ademais, o 76% da alimentación tamén depende da presenza das abellas nosos campos. Isto supón que, máis alá da función produtiva de mel, as abellas son fundamentais para a biodiversidade e conservación do medio. “En definitiva, os nosos recursos naturais, a nosa produción agrícola e a nosa gastronomía, sectores piares da economía luguesa, non sería a mesma de non ser polas abellas”, sentenciou a deputada.
Programa da xornada
Para rematar, o Director Ignacio Vilar presentará o seu filme Vilamor coa que colaborou a Asociación Galega de Apicultura
A Xornada Apícola: Galicia, Terra de Abellas permitirá presenciar unha serie de conferencias impartidas por media ducia de expertos: A apicultura, unha actividade necesaria para a vida na terra, por Xesús Feás, investigador Parga Condal e socio de AGA; Apicultura tradicional en Galicia, por Ernesto Díaz, técnico de La Jurbial Servizos Ambientais; A Vespa velutina, grande avéspora asiática, que quere comer as nosas abellas, por Gonzalo Calvo, veterianario de AGA; Pon unha colmea na túa horta, por Suso Asorey, Secretario Técnico de AGA; Etiquetaxe do mel da produción primaria, sen rexistro sanitario, por Marcos Varela, Técnico de AGA; e Apicultura en Etiopía, por Ovidio Fernández, cámara de TVE en Galicia.
Posteriormente e para rematar, o director Ignacio Vilar presentará o seu filme Vilamor coa que colaborou a Asociación Galega de Apicultura.