Premios Osíxeno e Dioxina: Os heroes e viláns do medio ambiente en 2013

© ADEGA

ADEGA vén de facer públicos os premios Osíxeno e Dioxina, que coma todos os anos (esta é a 13ª edición) recoñecen as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio Osíxeno) ou en contra (premio Dioxina). En 2009, ademais, instituiuse o premio Osíxeno de Honra para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que na súa primeira edición recibíu Isaac Díaz-Pardo. Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 11 de xaneiro a partir das 14:30h na Nave de Vidán, en Compostela.

O premio Osíxeno de Honra 2013 será entregado a Antón Masa, presidente da APDR, "por toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e defensa das rías e montes galegos fronte ás celulosas e os eucaliptos"

Por unha banda, os Premios Osíxeno 2013 ás mellores actuacións ambientais do ano recoñecen, na súa categoría individual, a Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, "pola valente decisión de abandonar SOGAMA e a incineración e solicitar a incorporación á Mancomunidade do Barbanza para compostar os residuos urbanos". Na categoría de colectivos prémiase á equipa xurídica de Nunca Máis, "por manter durante 11 anos a loita xudicial pola dignidade do pobo galego sinalando as responsabilidades dos verdadeiros culpábeis da catástrofe do Prestige". Finalmente, o premio Osíxeno de Honra 2013 será entregado a Antón Masa, presidente da APDR, "por toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e defensa das rías e montes galegos fronte ás celulosas e os eucaliptos".

Pola outra, os Premios Dioxina 2013 ás acccións máis nefastas para o ambiente van destinados, na súa categoría individual, a Carlos Muñoz, xefe do servizo de conservación na Coruña, "un dos responsábeis dos masacres de lobos do Barbanza, do sangrado reiterado da lagoa da Frouxeira, e denunciado Fiscalia de Medio Ambiente polo dragado da ría de Ferrol (Rede Natura 2000) e a destrución de hábitats prioritarios". Na categoría de colectivos, o premio Dioxina vai dirixido a denuncia a actuación dos parlamentarios da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que asinaron "o vergoñento e manipulado informe sobre o estado das rías galegas, minimizando a responsabilidade da Xunta e o Estado na lamentábel situación destes espazos".

© ADEGA

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.