RadioCadernos, un novo proxecto comunicativo para a diáspora

RadioCadernos CC-BY-SA Cadernos de Comunicación

RadioCadernos, o novo proxecto comunicativo de Cadernos de Comunicación e Análise, emite en probas dende o pasado Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo.

RadioCadernos intentará converterse nunha xanela aberta á emigración e os seus contidos, esencialmente en lingua galega, abordarán noticias de toda índole, cultura ou música desde unha perspectiva aberta, galega e progresista.

RadioCadernos tentará converterse nunha xanela aberta á emigración dende unha perspectiva aberta, galega e progresista

Durante o proceso de xestación da emisora, RadioCadernos emitirá en probas 1-2 días entre semana e a fin de semana. A súa programación neste primeiro mes, constará -exclusivamente- de música clásica, galega, do mundo céltico e tamén, nunha proporción menor, de pop-rock en español.

Ademáis de nesta páxina web, podedes seguir RadioCadernos na súa plataforma matriz  ou no seu web provisional . O seu streaming podedes obtelo premendo nesta ligazón

Tod@s @s que desexen colaborar no proxecto, pódense dirixir a Cadernos de Comunicación (infocadernos@gmail.com) para requirir máis información ao respecto.

RadioCadernos CC-BY-SA Cadernos de Comunicación

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.