Relánzase a Asociación para a Defensa de Usuarios de Caixas de Aforro

Entrega das sinaturas da Plataforma polo Aforro Público. Á dereita, Miguel Quinteiro CC-BY Asamblea Aberta Ourense

A Asociación para a Defensa de Usuarios e Usuarias de Caixas de Aforro e Bancos (ADUCAB) naceu en 1998 en Vigo por iniciativa de Miguel Quinteiro Nuñez. Este luns relanzarase en Ourense a través dunha rolda de prensa ás 12 do mediodía diante da oficina de NGB situada na planta baixa do edificio San Martín (Parque de San Lazaro).

Relánzase "pola evidente necesidade que ten a sociedade galega de coñecer que pasou cos 75 mil millóns de euros, en activos, nos que estaban valoradas as antigas caixas", e pedir "responsabilidades" os directivos destas "e tamén os responsabeis políticos"

Relánzase neste momento "pola evidente necesidade que ten a sociedade galega de coñecer que pasou cos 75 mil millóns de euros, en activos, nos que estaban valoradas as antigas caixas", e pedir "responsabilidades" os directivos destas "e tamén os responsabeis políticos das mesmas". Esta asociación continúa o traballo iniciado pola Plataforma Pola Banca Pública, na que está integrada Asemblea Aberta Ourense-15M, que xa presentou dúas denuncias contra os directivos a Fiscalía anticorrupción e a Fiscalía superior de Galicia apoiando as mesmas con catro mil sinaturas. Ás demandas desta plataforma sumouse recentemente o colectivo Marea Cidadá Ourense, integrado por varias organizacións.

A ampliación de ADUCAB con todos estes colectivos e outros que esperan que se lles sumen "permite dar un paso máis no noso obxetivo de persoarnos como acusación popular no xulgado nº2 da Audiencia Nacional no que se intruen dilixencias contra os directivos das antigas caixas galegas e conseguir en definitiva unha auditoría Cidadá das caixas que faga xustiza e volte a dignidade a cidadanía galega", segundo afirman os seus responsables.

Entrega das sinaturas da Plataforma polo Aforro Público. Á dereita, Miguel Quinteiro CC-BY Asamblea Aberta Ourense

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.