Toda a oposición apoiará a ILP pola reciclaxe

Representantes das organizacións promotoras, no Parlamento © Adega

Representantes da comisión promotora da ILP Para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos reuníronse este xoves cos grupos do PSdeG-PSOE, AGE e BNG. Os tres grupos amosaron a súa postura favorable a apoiar a ILP. Agora todo depende do grupo do PP, que até o de agora non respondeu ás peticións de entrevista.

Os tres grupos amosaron a súa postura favorable a apoiar a ILP. Agora todo depende do grupo do PP, que até o de agora non respondeu ás peticións de entrevista

A Plataforma Galega contra a Incineración, integrada polas principais organizacións ecoloxistas galegas (ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia) e numerosas plataformas veciñais, insisten na necesidade "de poñer as bolsas de lixo enriba dos atrís dos políticos", porque entenden "que as políticas públicas de xestión dos residuos afectan ás nosas vidas de forma directa". Afirman que "para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo. Un modelo, a incineración, defendido con mentiras polo PP contra toda lóxica, eficiencia e mesmo contra toda a lexislación de residuos galega, estatal e europea".

"Para nós, o debate nunca foi a ubicación da incineradora: Foi o modelo"

Os promotores da iniciativa lembran que a Lei de Residuos de Galicia de 2008 xa establece os "tres erres" como "obxectivo prioritario" e as directivas europeas na materia, traspostas á lexislación do Estado en 2011, "formularon o obxectivo de transformar a actual nunha sociedade do reciclado". Neste contexto chegou o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (PXRUG) no mesmo 2011, un documento que, na súa opinión, "cumpre só na teoría os obxectivos" da lexislación anterior, xa que no seu orzamento "a suma de prevención, información, educación ambiental, recollida selectiva e outras medidas de reutilización e reciclaxe atinxe o 18,1%", mentres que "o 48% dos investimento destínase a unha nova planta de eliminación por incineración".

A ILP pide a modificación do PXRUG, destinando non menos do 15% á "redución" de residuos e non menos do 60% "á preparación para a reutilización para a reciclaxe". Paralelamente, a incineración ficaría "excluída, con ou sen recuperación de enerxía -caso de Sogama- das actuacións a promover pola Xunta para o tratamento de residuos". Ademais subliñan que “se fai necesario clarificar e darlle forza xurídica á xerarquía que establece a prioridade dos tres erres

Representantes das organizacións promotoras, no Parlamento © Adega

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.