Un desConcerto para o desPrestige

Cartaz do primeiro concerto expansivo © Vieiros

Dez anos despois daquela impresionante manifestación de dignidade que o 1 de nadal de 2002 encheu baixo a chuvia as rúas de Compostela. E case unha década despois co primeiro concerto expansivo que levou o berro de Nunca Máis por toda Galicia en febreiro de 2003. A Burla está a organizar para o 1 de nadal un novo evento expansivo para celebrar o nacemento daquel movemento social sen precedentes e facer un animado balance destes dez anos.

A Burla está confeccionando xa un Banco de Artistas e un Banco de Locais, no que artistas e espazos se poden inscribir. No DésConcerto Expansivo, coma no seu precedente, será lido o Manifesto contra o Silencio, escrito daquela por Manuel Rivas, e que volverá servir de texto básico para identificar as actuacións do cartaz artístico. Tamén será lido o DésCálogo, un breve texto que serve de base á campaña DésPrestige.

Os locais e artistas que xa teñan unha actuación programada para o día 1 de decembro poden solicitar ser incluídos no cartel artístico e comprometerse a ler os manifestos no inicio da actuación. As salas e locais que non teñan programación para ese día poden solicitar ser incluídas no Banco de Locais desde o que A Burla lles fará unha proposta artística, ou ben organizar pola súa conta unha actuación con grupos ou artistas da vosa zona. De igual xito os grupos e artistas que non teñan programada actuación poden solicitar a súa inclusión no Banco de Artistas e desde a Burla tratarán de asignarlles un local o máis próximo posible á súa zona. Tamén poden proporlle a actuación a algún local da súa zona.

Polo de agora xa están confirmadas as actuacións de Camarada Nimoy, 
Chévere, 
Volta e Dalle, Os Quinquilláns e Os Sete Magníficos Mais Un. E dous locais: Pousada das Ánimas en Boiro e Libraría Lila de Lilith en Santiago.

 

Cartaz do primeiro concerto expansivo © Vieiros

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.