A Xunta retiroulle o pasado ano o seu apoio a Preescolar na Casa. Acabou deste xeito con 35 anos de actividade, 32 postos de traballo e coa atención que recibían máis de 3000 familias en toda Galicia. E chegaran a ser moitas máis. De nada valeu que a UE recomende apostar por programas como o de Preescolar e que mesmo a Xunta presumira del ante as institucións comunitarias. A conselleira Beatriz Mato dixo que era "un programa obsoleto" e que "non valía". E no Parlamento a deputada popular Marisol Piñeiro sentenciou que "a Administración pública non pode asumir algo que xa non funciona".
Cando a fin era inminente, Marisol Fernández, presidenta da Fundación Preescolar na Casa, destacaba que era "un proxecto que convidaba os pais a gozar da crianza dos seus fillos, aprendendo a ser mellores pais e ensinando a uns cativos que serán os pais de mañá; este traballo vai moito máis aló dunha subvención ou deste triste final, ía ao cerne das persoas".
Este ano púxose en marcha unha asociación socio-educativa que leva o seu nome e que nace co fin de preservar o legado de Gandoy, principalmente o vinculado ao programa Preescolar na Casa. Os seus responsables son dez antigos traballadores da Fundación
Preescolar na Casa foi fundado por Antonio Gandoy en 1977. Este ano púxose en marcha unha asociación socio-educativa que leva o seu nome e que nace co fin de preservar o legado de Gandoy, principalmente o vinculado ao programa Preescolar na Casa. Os seus responsables son dez antigos traballadores da Fundación.
A Fundación TIC da Deputación de Lugo vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación, co obxectivo de "poñer en valor 35 anos de traballo educativo a través das accións que levará a cabo esta asociación a prol da infancia temperá e as súas familias”. O convenio tamén inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS) nos produtos audiovisuais que se elaboren coa finalidade de que completen a súa formación práctica.
O convenio tamén inclúe a participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS) nos produtos audiovisuais que se elaboren
A Deputación de Lugo retoma deste xeito a colaboración que mantivo até o final con Preescolar na Casa. O anterior convenio incluía a gravación dun programa de radio semanal nos estudos da Fundación TIC para a súa difusión en varias emisoras a nivel provincial e galego, ademais da elaboración de diversos produtos audiovisuais.