Alexandre Carrodeguas reistrou este mércores unha denuncia, con parte de lesións, no xulgado de garda, afirmando que dous axentes o agarraron e lle pegaron sen mediar provocación ou resistencia, despois de que na biblioteca lle comunicasen que non podía consultar Internet nos ordenadores do local.
Na súa versión, e tal e como consta na denuncia presentada, o día 5 de xuño atopábase no interior da biblioteca municipal de Ferrol, pouco antes das nove da noite, consultando Internet nos ordenadores destinados para o uso público. Ao parecer o vixilante xurado da biblioteca instouno a que deixase de usar os ordenadores, "o que deu lugar a unha pequena desputa", e a que o vixilante o ameace con chamar á policía se Carrodeguas non abandona a biblioteca. A bibliotecaria responsable comunícalle que se ten algunha queixa contra o vixilante, a faga explícita na folla de reclamacións.
Carrodeguas denuncia que nese momento foi agarrado por un dos axentes, mentres que o outro o golpeou coa man aberta "na zona periauricular esquerda", como consta tamén no parte de lesións
O agredido afirma que "nese momento preséntanse dous axentes da policía local en actitude moi agresiva e dicindo 'te voy a dar unas hostias'". Carrodeguas denuncia que nese momento foi agarrado por un dos axentes, mentres que o outro o golpeou coa man aberta "na zona periauricular esquerda", como consta tamén no parte de lesións.
O denunciante afirma que pediu en repetidas ocasións que deixasen de agredilo, mentres os policías o seguían ameazando, e que cando se puido librar, abandonou a biblioteca e se dirixiu ao centro de saúde. Carrodeguas afirma seguir nun certo estado de shock e confusión polo ocurrido e compara a súa situación coa que, di, sofren os inmigrantes sen papeis: "se isto pasoume a min, que lles farán a eles", dixo.