O próximo 22 de agosto o Tribunal Supremo indio comezará a examinar a demanda presentada por Novartis contra a Lei india de Patentes. Con vistas a este crucial proceso, que podería ter un impacto devastador no acceso a medicamentos esenciais asequibles nos países en desenvolvemento, Médicos Sin Fronteras entregou este xoves unha carta dirigida ao presidente de Novartis España, Jesús Acebillo, e ao director xeral de Novartis Farmacéutica, Francisco Ballester, na sede da compañía en Barcelona. Na carta, MSF volveu pedir a xigante farmacéutico que se retire do proceso xudicial.
Así mesmo, o presidente de MSF, José Antonio Bastos, lembra que, grazas a esta Lei, que evita que se patenten modificacións insustanciais de medicamentos xa existentes, permitiu que India se convirta na "farmacia do mundo en desenvolvemento". Se Novartis gaña o caso, comezarán a concederse máis patentes, bloqueando a competencia entre os diferentes productores de medicamentos: os prezos dos medicamentos dispararánse e os mellores fármacos, os máis adaptados ás necesidades dos pacientes, deixarán de estar dispoñibles.
Esta lei evita que se patenten modificacións insustanciais de medicamentos xa existentes e permitiu que India se convirta na "farmacia do mundo en desenvolvemento"
MSF recoñece que “o acceso á saúde e aos medicamentos esenciais nestes países depende de numerosos factores”, pero que o prezo dos fármacos é unha das barreiras de maior impacto. De feito, foi a competencia dos xenéricos o que permitiu reducir o prezo do tratamento dun paciente de sida dos 10.000 dólares por paciente e ano no ano 2000 a apenas 100 na actualidade: dita evolución foi un dos factores determinantes na ampliación do tratamento a 6,6 millóns de persoas.
“Forzar unha interpretación restritiva da Lei de Patentes podería acabar coa competencia de xenéricos para medicamentos máis novos, e disparar o seu prezo, e isto non terá só impacto en India: na práctica, suporá que gran parte dos países en desenvolvemento perderían a súa principal fonte de subministro de medicamentos esenciais de calidade, novos e baratos. É dicir, millóns de pacientes sen recursos xa non terán acceso aos medicamentos que poden mellorar o seu estado de saúde ou cos que poden preservar as súas vidas”, explica na carta o presidente de MSF, José Antonio Bastos.