Cumio de Río+20: a hora do desenvolvemento sostible?

Dilma Rousseff. Presidenta de Brasil Dominio Público Praza Pública

Dúas décadas despois do primeiro Gran Cumio da Terra celebrado en Río de Janeiro en 1992, a cidade brasileira acollerá do 20 ao 22 de xuño a Conferencia das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sostible, mais coñecida como Cumio de Río+20. Coa anunciada presenza de máis de 170 xefes de Estado, de Goberno e representantes diplomáticos, este cumio terá dous eixes principais de discusión: o primeiro, enmarcado na iniciativa da economía verde que implica o desenvolvemento sostible e a erradicación da pobreza; e o segundo, a potenciación dun marco institucional adecuado para alcanzar o desenvolvemento sostible.

En paralelo a este cumio celebrarase entre o 15 e 23 de xuño o Cumio dos Pobos que reunirá a diversos movementos sociais e ecoloxistas a través dunha axenda política alternativa, sumamente crítica coa axenda oficial do cumio Río+20

En paralelo a este cumio celebrarase entre o 15 e 23 de xuño o Cumio dos Pobos que reunirá a diversos movementos sociais e ecoloxistas a través dunha axenda política alternativa, sumamente crítica coa axenda oficial do cumio Río+20 debido á preponderancia dos intereses dos países desenvolvidos. Estas críticas oriéntanse cara a consolidación do modelo de economía verde, a través do cuestionado Documento Zero aprobado pola ONU e que ratifica os compromisos asumidos durante o cumio de 1992. En contraposición, o Cumio dos Pobos centrará a súa atención na potenciación dun modelo de desenvolvemento biocéntrico que implique o recoñecemento oficial dos dereitos da Natureza, da erradicación da pobreza e da seguridade alimentaria.

Con notables ausencias de líderes mundiais como Barack Obama e Ángela Merkel, o cumio de Río+20 vese constantemente condicionado polo impacto da crise económica mundial e os escasos avances rexistrados nas últimas dúas décadas en materia de desenvolvemento sostible

Con notables ausencias de líderes mundiais como Barack Obama e Ángela Merkel, o cumio de Río+20 vese constantemente condicionado polo impacto da crise económica mundial e os escasos avances rexistrados nas últimas dúas décadas en materia de desenvolvemento sostible, un factor que evidencia certa sensación global de pesimismo sobre os avances que poida ofrecer esta xuntanza mundial. Esta perspectiva deriva igualmente nunha marcada polarización de posicións Norte-Sur: os países ricos e desenvolvidos defenderán un modelo de economía verde cuestionado polo peso de intereses mercantís e empresariais en materia sanitaria e ambiental, mentres os países do Sur aspiran a asentar un modelo de desenvolvemento sostible que implique unha maior conciencia ecolóxica e de amplitude democrática.

Ao mesmo tempo, o cumio de Río+20 servirá para que Brasil, o país anfitrión, pulse a súa capacidade de influencia como actor emerxente nos foros internacionais e como defensor dun modelo alternativo de crecemento e de desenvolvemento. Esta perspectiva veríase traducida nunha maior conciencia a propósito dos factores sociais e ambientais na última década de gobernos progresistas, dende o ex presidente Lula da Silva ata a actual mandataria Dilma Roussef.

 

O estratéxico papel de Brasil

O cumio servirá para que Brasil pulse a súa capacidade de influencia como actor emerxente nos foros internacionais e como defensor dun modelo alternativo de crecemento e de desenvolvemento

Alén da contraposición de opinións e modelos que determina a polarización Norte-Sur, a maioría dos observadores internacionais estarán pendentes da actuación e do peso que imprima o país anfitrión, Brasil, neste cumio de Río+20.

Simultaneamente a este encontro, a mandataria brasileira Dilma Roussef quixo incorporar unha perspectiva política de xénero ao convocar un cumio paralelo de mulleres xefes de Estado, no que participarán a arxentina Cristina Fernández de Kirchner; a costarricense Laura Chinchilla; a lituana Dalia Grybauskaite; a liberiana Ellen Johnson-Sirleaf, a primeira muller en converterse en presidenta dun país africano a través de eleccións democráticas; Kamla Persad-Bissessar de Trinidad e Tobago e a danesa Helle Thorning-Schmidt, listaxe que se amplía coa presenza da ex presidenta chilena Michelle Bachelet, actual directora executiva da ONU Mulleres.

Por tanto, un caudal importante das expectativas de éxito de Río+20 estarán centrados na capacidade de Brasil para moderar e equilibrar os contrapesos, a polarización e a contraposición de iniciativas e alternativas emanadas dos países, organizacións e movementos involucrados en ambos cumios. Particularmente relevante será a capacidade de Brasilia para alcanzar acordos e negociacións, en especial con respecto ao Cumio dos Pobos como foro alternativo que preme pola consecución dun novo modelo de desenvolvemento sostible, visiblemente diferente do modelo de economía verde.

Particularmente relevante será a capacidade de Brasilia para alcanzar acordos e negociacións, en especial con respecto ao Cumio dos Pobos como foro alternativo               

Non obstante, este hipotético papel estelar de Brasil verase levemente opacado polas ausencias chave deste cumio Río+20, entre as que destacan a do presidente estadounidense Barack Obama, da chanceler alemá Ánxela Merkel ou do primeiro ministro británico David Cameron. A diferenza, si asistirán a Río de Janeiro os mandatarios dos países BRIC e IBSA, sendo estes ademais da anfitriona Roussef o presidente ruso Vladimir Putin, o primeiro ministro chinés Wen Jiabao, o surafricano Jacob Zuma e o indio Manmohan Singh, sen esquecer a sempre polémica presenza do presidente iraniano Mahmud Ahmadíneyad. Por tanto, os países ricos desenvolvidos perden peso político nun cumio no que só contarán coa presenza significativa do recen electo presidente francés François Hollande.

Aínda que non supón un tema central do cumio Río+20, o aspecto climático terá un peso político considerable. Brasil alberga a maior parte da reserva ambiental amazónica aínda que tamén é o país emisor de aproximadamente o 4% dos gases invernadoiros a nivel mundial. Velaí que os gobernos de Lula e Roussef imprimiran unha notable sensibilidade cara o tema climático, dando pasos importantes en medidas para a diminución dos gases invernadoiros.

En maio pasado, Roussef vetou parcialmente un Código Forestal que está provocando unha forte controversia política e social debido a que os movementos ecoloxistas lle esixían que o vetara por completo

En maio pasado, Roussef vetou parcialmente un Código Forestal que está provocando unha forte controversia política e social debido a que os movementos ecoloxistas lle esixían que o vetara por completo. A presidenta brasileira vetou a normativa que amparaba con amnistía a terratenentes que non cumpriran coas medidas ambientais pero, ao mesmo tempo, frustrou as peticións dos grupos ecoloxistas ao non vetar a norma que permitirá maiores explotacións agropecuarias na Amazonía.

Por tanto, un eventual éxito do cumio Río+20 servirá para que Brasil consolide a súa ascendente posición global. Caso contrario, este cumio reproducirá a sensación de pesimismo e parálise política á hora de adoptar os compromisos ambientais, tal e como ocorrera anteriormente co Cumio da Terra de 1992 e coa Conferencia de Cambio Climático de Copenhague de 2009.

 

*Le a análise completa na páxina do IGADI

Imaxe da cimeira © RIO + 20
Dilma Rousseff. Presidenta de Brasil Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.