O Igadi publica un novo paper, centrado nesta ocasión nas inminentes citas electorais en Teherán. Uns comicios con candidatos de perfil baixo nos que tanto as opcións reformistas coma as próximas ao actual presidente foron excluídas.
Irán apréstase a celebrar eleccións parlamentarias o próximo 7 de xuño e presidenciais, municipais e rurais o día 14, pechando así o ciclo político iniciado polo actual presidente Mahmud Ahmadíneyad desde a súa chegada ao poder en 2005. Nesta ocasión, o baixo perfil político das oito candidaturas aprobadas polo Consello dos Gardiáns, todas elas practicamente asociadas ao sector conservador, é a variable política mais clarificadora destes comicios, en gran medida determinada polo poder de decisión do Supremo Líder, o aiatolá Alí Jamenei.
A preservación do status quo é un feito unha vez o Consello dos Gardiáns, órgano supremo electoral, purgara un total de 686 candidaturas, moi probablemente como medida de presión contra aqueles sectores reformistas
A preservación do status quo é un feito unha vez o Consello dos Gardiáns, órgano supremo electoral, purgara un total de 686 candidaturas, moi probablemente como medida de presión contra aqueles sectores reformistas e para evitar calquera repetición da ameaza de inestabilidade suscitada tralos comicios de 2009, onde Ahmadíneyad foi reelixido pero os reformistas denunciaron un presunto fraude electoral.
Afianzando estes mecanismos electorais claramente excluíntes, o status quo máis conservador da república teocrática pecha igualmente unha prolongada etapa política no país persa iniciada en 1989, trala morte do aiatolá Ruhollah Jomeini. Esta etapa deu paso a dúas presidencias moderadamente pragmáticas e aperturistas, da man de Akbar Hashemí Rafsanjani (1989-1997) e do reformista Mohammed Jatamí (1997-2005). Tras esta etapa veu un período máis “populista” presidido por Ahmadíneyad. Unha proba da intención por parte do status quo de rematar esta prolongada etapa foi a exclusión nestes comicios das candidaturas de Rafsanjani e de Esfandiar Rahim Mashaei, conselleiro e considerado a “man dereita” de Ahmadíneyad.
Os comicios sinalan unha loita de poder entre diversos sectores conservadores, revelada pola preponderancia política do aiatolá Jamenei e do Corpo de Gardiáns da Revolución Islámica, detentora da forza militar, empresarial e do programa nuclear
Aínda que con menos incidencia electoral con respecto a eleccións anteriores, a política exterior terá unha leve influencia nestes comicios, determinada pola presión de EUA, Israel e a AIEA cara o programa nuclear iraniano, así como polo escenario xeopolítico que se presenta en Oriente Próximo, especialmente coa guerra en Siria. Con todo, os comicios presidenciais sinalan unha loita de poder entre diversos sectores conservadores, especialmente revelada pola preponderancia política do aiatolá Jamenei e do Corpo de Gardiáns da Revolución Islámica, detentora da forza militar, empresarial e do programa nuclear iraniano.
Reafirmando o “status quo”
As eleccións presidenciais iranianas a celebrar o próximo 14 de xuño preséntanse como de baixa intensidade política e incluso emotiva, especialmente en comparación con comicios anteriores, á vista do perfil notoriamente mais modesto das candidaturas aprobadas. Neste sentido, as eleccións deste 2013 non semellan un reto político contestatario para a estrutura de poder teocrática imperante na República islámica desde 1979.
Nesta ocasión non existe unha candidatura principalmente forte e desafiante por parte dos sectores reformistas, tal e como ocorrera co ex presidente Mohammed Jatamí en 1997 e 2001
Nesta ocasión non existe unha candidatura principalmente forte e desafiante por parte dos sectores reformistas, tal e como ocorrera co ex presidente Mohammed Jatamí en 1997 e 2001. Paralelamente, tampouco se presenta unha opción mais “populista” e cun estilo político mais directo, como fora a do actual presidente Mahmud Ahmadíneyad nos comicios de 2005 e, con menor incidencia, nos de 2009.
Na contenda de 2009, os reformistas liderados por Mir-Hossein Mousavi e Mehdi Karroubi (ambos actualmente en prisión domiciliaria), denunciaron un presunto fraude electoral na reelección de Ahmadíneyad, situación que provocou violentos enfrontamentos postelectorais que puxeron en xogo o equilibrio de poder en Teherán. No contexto actual, os reformistas vense claramente desprazados do escenario político á vista da purga de 686 candidaturas realizada polo Consello dos Gardiáns, principal órgano de carácter clerical responsable da selección das candidaturas, moitas delas ligadas aos sectores reformistas.
Todas con baixo perfil, as oito candidaturas presidenciais de 2013 son as do ex vicepresidente Mohammad Reza Aref; o ex xefe de Seguridade Nacional, Hassan Rouhani; o ex ministro de Telecomunicacións Mohammad Gharazi; o actual secretario do Consello Supremo de Seguridade Nacional, Saeed Jalili; o alcalde de Teherán, Mohammad Bagher Qalibaf; o conselleiro de política exterior de Jamenei, Ali Akbar Velayati; o secretario do Consello de Discernimento da Conveniencia e ex xefe do Corpo dos Gardiáns da Revolución Islámica, Mohsen Rezaei; e o presidente do Parlamento (Majlis), Gholam-Ali Haddad-Adel.
Segundo aducen algunhas fontes, Jamenei apostaría pola candidatura de Saeed Jalili, coa velada intención de frear un eventual ascenso da candidatura de Hassan Rouhani, o único clérigo entre todos os candidatos
Así e todo, os pulsos promovidos por estas candidaturas dan a entender a existencia dun xogo de intereses arredor das perspectivas de poder do Supremo Líder, o aiatolá Jamenei, como tamén do poderoso Corpo de Gardiáns da Revolución Islámica. Segundo aducen algunhas fontes, Jamenei apostaría pola candidatura de Saeed Jalili, un político sumamente leal ao Supremo Líder, coa velada intención de frear un eventual ascenso da candidatura de Hassan Rouhani, o único clérigo entre todos os candidatos, e que ven erixíndose como unha eventual opción reformista e liberal. Neste sentido, nas derradeiras semanas, Rouhani ven adiantando esforzos para atraer o voto dos sectores controlados polos ex presidentes Rafsanjani y Jatamí. Pola súa banda, Jalili ven concentrando o apoio público do aiatolá Jamenei, da prensa oficial, dos clérigos e incluso das forzas paramilitares (basiji), dependentes estas do Corpo de Gardiáns da Revolución Islámica.
Pola súa banda, Jalili ven concentrando o apoio público do aiatolá Jamenei, da prensa oficial, dos clérigos e incluso das forzas paramilitares (basiji), dependentes estas do Corpo de Gardiáns da Revolución Islámica
Nun contexto marcado pola presión occidental e israelí cara o programa nuclear iraniano, a opción Jalili debe ser observada con atención dende o exterior debido á súa experiencia como secretario do Consello Supremo de Seguridade Nacional (CSSN), órgano encargado da negociación do programa nuclear ante a comunidade internacional.
Outra candidatura con notables opcións electorais é a de Mohamed Bagher Qalibaf, actual alcalde de Teherán, un conservador cunha popularidade que radica no seu estilo mais pragmático e próximo aos cidadáns, diametralmente oposto á notoria intransixencia dun Jalili mellor visto pola cúpula do poder. As opcións de Bagher Qalibaf aumentan igualmente por ser xefe da Forza Aérea da Garda Revolucionaria, cargo que lle permite manter un considerable apoio entre as forzas pasdarán, a poderosa elite militar e empresarial da república teocrática
Adeus ao “Irán post-Jomeini”
Outra candidatura con notables opcións electorais é a de Mohamed Bagher Qalibaf, actual alcalde de Teherán, un conservador cunha popularidade que radica no seu estilo mais pragmático e próximo aos cidadáns
A potenciación das candidaturas de Jalili e Qalibaf confirman os esforzos de Jamenei e da Garda Revolucionaria, co aval da cúpula do poder teocrática, para practicamente “asfixiar” calquera representación política identificada coas principais figuras da etapa “postJomeini” referentes das últimas décadas, entre 1989 e 2013. Neste sentido, a exclusión da candidatura de Rafsanjani (78 anos) pode ser interpretada como a intención de Jamenei de coartar o voto reformista. Varios estamentos deste sector xa comezaran a amosarlle o seu eventual apoio. Probablemente para desviar calquera tentativa de Rafsanjani no sentido de provocar unha maior tensión política pola exclusión da súa candidatura, a cúpula do poder en Teherán decidiu finalmente reelixilo como presidente do Consello de Discernimento da Conveniencia, órgano encargado da supervisión do goberno iraniano.
A exclusión da candidatura de Esfandiar Rahim Mashaei, identificado como un político leal ao presidente Ahmadíneyad, interprétase como a
necesidade de evitar o continuísmo político do actual mandatario
Pola súa banda, a exclusión da candidatura de Esfandiar Rahim Mashaei, identificado como un político leal ao presidente Ahmadíneyad, interprétase como a necesidade de evitar o continuísmo político do actual mandatario, tendo en conta que a súa candidatura incluiría como equipo de goberno a unha boa parte dos ministros e da maquinaria política do actual presidente.
A eventualidade dunha candidatura de Mashaei suporía igualmente contar co apoio dunha porción importante dos sectores rurais e pobres urbanos, seducidos polo estilo “populista” instaurado por Ahmadíneyad, sendo observado con receo nas altas cúpulas do poder teocrático. A pesar do apoio de Jamenei a Ahmadíneyad nos comicios de 2005, nos últimos anos, e principalmente trala crise postelectoral de 2009, as relacións entre ambos foron deteriorándose visiblemente. Polo tanto, as exclusións das candidaturas de Rafsanjani e Mashaei supoñen a evidencia contundente dunha estratexia definida por parte de Jamenei e da Garda Revolucionaria para rematar cunha etapa e cun determinado estilo político (sexa pragmático ou populista) instaurado no Irán post-Jomeini desde 1989.
A pesar do apoio de Jamenei a Ahmadíneyad nos comicios de 2005, nos últimos anos, e principalmente trala crise postelectoral de 2009, as relacións entre ambos foron deteriorándose visiblemente
Así e todo, este deterioro nas relacións entre Ahmadíneyad e Jamenei provocou recentemente que o propio presidente iraniano ameazara con revelar presuntos casos de corrupción nos que aparentemente estaría involucrado o entorno do Supremo Líder. Neste caso, Jamenei estaría eventualmente abocado a unha eventual crise política preelectoral que pode indirectamente favorecer as opcións do actual alcalde de Teherán, Bagher Qalibaf, contando co apoio de varios estamentos da Garda Revolucionaria. Así, o pulso electoral Jalili-Qalibaf traduciría visiblemente unha confrontación de poder entre Jamenei e a Garda Revolucionaria.
A política exterior: entre EUA e Siria
O propio presidente iraniano ameazara con revelar presuntos casos de corrupción nos que aparentemente estaría involucrado o entorno do Supremo Líder. Neste caso, Jamenei estaría eventualmente abocado a unha eventual crise política preelectoral
A crise económica, as denuncias de corrupción, as sancións internacionais e o persistente freo ás reformas veñen provocando un descontento popular cada vez maior en Irán, un aspecto que afectaría ás bases de lexitimidade do sistema que o propio Jamenei tenta manter por todos os medios, incluída a represión. Neste sentido, unha pequena concesión para frear a posibilidade de activación de protestas populares afirmouse ao decidir, por vez primeira, que as eleccións presidenciais se realizaran en paralelo aos comicios municipais e rurais.
En todo caso, e mentres as cartas electorais vanse polarizando en torno a Jalili e Qalibaf, a próxima presidencia iraniana herdará un panorama sumamente fragmentado e atomizado, cunha crise económica en ascenso (en especial a inflación), a crecente presión exterior polo programa nuclear iraniano, e un crecente malestar social ante os obstáculos por reformar un sistema cada vez mais identificado como monolítico, condicionado por visibles problemas de lexitimidade.
En política exterior, e á vista do contexto rexional, poucos cambios se esperan para o próximo goberno iraniano. O avance do seu programa nuclear segue a constituír a prioridade en materia de seguridade e defensa dado que EUA, Israel e o denominado “eixe sunnita”, basicamente en torno a Arabia Saudita, Catar e Turquía, seguirán acosando con forza dentro da periferia xeopolítica de Teherán, establecida dende Iraq ata o Golfo Pérsico.
O equilibrio de forzas da guerra que se vive en Siria desde 2011 e, particularmente, o futuro do réxime de Bashar al Asad, aliado político e militar de Irán, definirá en qué medida variará a xeopolítica rexional para Teherán
O equilibrio de forzas da guerra que se vive en Siria desde 2011 e, particularmente, o futuro do réxime de Bashar al Asad, aliado político e militar de Irán, definirá en qué medida variará a xeopolítica rexional para Teherán. A implicación de EUA, Israel e o “eixe sunnita” a favor dos rebeldes sirios constitúe, obviamente, unha medida de presión orientada a asfixiar os canais de cooperación rexional de Irán, particularmente nos casos dos movementos islamitas Hizbulá e Hamás. Este escenario pode igualmente ampliarse ante a eventualidade de concreción dun Curdistán independente de feito, tacitamente apoiado por Washington, Tel Aviv e o “eixe sunnita”. No Norte de Irán desenvólvese unha rebelión independentista curda que observa con atención os escenarios que se abren para a súa causa no corredor comprendido entre Turquía, Iraq, Siria e Irán.