Francia decide se dá a presidencia a Macron, un político sen partido

Emmanuel Macron, nun acto de campaña electoral © En Marche

Los franceses decidieron en la primera ronda de las elecciones presidenciales

Os franceses decidiron na primeira ronda das eleccións presidenciais deixar fóra os partidos que dominaron a política do país na Quinta República. Este domingo, deben elixir entre un home sen partido e unha muller que lidera a extrema dereita. Hai algo que une a Emmanuel Macron e Marine Le Pen. O que se converta en presidente deberá pelexar outra vez en xuño nas eleccións lexislativas para contar cunha maioría que lle permita gobernar. A incerteza acompañará Francia durante moito tempo.

O gañador deberá pelexar outra vez en xuño por contar cunha maioría que lle permita gobernar

As enquisas, que acertaron na primeira volta, prevén unha vitoria clara de Macron cunha diferenza ao seu favor ao redor dos 20 puntos. A última sondaxe de Ipsos concede a Macron un 63% e ao seu rival un 37%. Aínda así, un resultado de Le Pen próximo ao 40% sería a cota máis alta alcanzada pola extrema dereita en Francia. En 2002, o seu pai só chegou ao 17,7% no seu duelo directo con Jacques Chirac.

O desenlace da campaña viuse afectado pola filtración de miles de documentos atribuídos á campaña de Macron coa intención de favorecer á candidatura de Le Pen. Moi poucos franceses chegaron a coñecer o seu contido. A comisión electoral advertiu o sábado aos medios de comunicación e usuarios de internet que establecerá accións penais contra os que publiquen os documentos resultantes do ataque informático.

Millleiros de documentos internos de En Marche! foron publicados en Internet unha hora antes de que finalizase a campaña electoral

Millleiros de documentos internos de En Marche!, o movemento político fundado por Macron, foron publicados en Internet unha hora antes de que o venres ás doce da noite finalizase a campaña electoral e os partidos tivesen prohibido facer declaracións públicas de ningún tipo.

O momento elixido pretendía conseguir unha rápida distribución e que a campaña de Macron non tivese xa a oportunidade de responder as alegacións concretas que fosen xurdindo da lectura dos documentos.

"A comisión destaca que a diseminación ou publicación desa información obtida de forma fraudulenta e con toda probabilidade mesturada con información falsa pode ser considerada un delito penal polo que os seus autores serán feitos responsables", dixo o comunicado da autoridade electoral.

A comisión diríxese de forma especial aos medios de comunicación e "tamén a todos os cidadáns" para que non difundan o contido da filtración e preserven "a integridade do voto".

Dirixido a "alterar o proceso electoral"

O diario Le Monde informou de que examinara algúns deses documentos, pero que non ía revelar o seu contido, porque o hackeo "está claramente dirixido a alterar o proceso electoral". Por iso, do mesmo xeito que outros medios franceses, non publicará o seu contido ata que remate a segunda volta e se coñezan os resultados o domingo ás oito da tarde.

Case nove gigas de datos con documentos supostamente relacionados coa campaña de Macron apareceron en Pastebin, que permite compartir documentos de forma anónima, subidos por un usuario que elixiu o alcume EMLEAKS.

O material estendeuse rapidamente a través do foro 4chan, utilizado con frecuencia no último ano por grupos ultradereitistas norteamericanos e partidarios da campaña de Donald Trump.

En Twitter, usuarios de extrema dereita nos EUA foron os primeiros en difundir o cancelo #MacronLeaks. O primeiro que o fixo enlazando o material foi  Jack Posobiec , da web ultra The Rebel.

Wikileaks difundiu a ligazón e deulle credibilidade á documentación filtrada

A conta de Wikileaks tamén difundiu a ligazón despois sen entrar a valorar o contido, aínda que si dándolle credibilidade polas súas dimensións: "Unha filtración interesante. Non é economicamente viable fabricar todo isto". Tras examinar algúns dos documentos, descartou que houbese falsificacións, como alegou desde o primeiro momento a campaña de Macron. "Aínda non descubrimos falsificacións en #MacronLeaks e non cremos que a campaña de Macron sexa máis rápida que nós".

En Marche denunciara no seu comunicado que os arquivos pirateados -correos electrónicos, documentos contables ou contratos- "foron obtidos hai varias semanas grazas ao hackeo de enderezos de correo persoais e profesionais de responsables do movemento".

En Marche viu no roubo "un intento de desestabilizar" as eleccións semellante ao que se produciu nos EUA

Para En Marche, o roubo foi "un intento de desestabilizar" as eleccións, similar ao que se produciu "nos Estados Unidos na última campaña", que os servizos de intelixencia estadounidenses atribúen a Rusia.

Na noite do venres, o vicepresidente da Fronte Nacional, Florian Philippot, non desaproveitou a oportunidade para preguntarse se os documentos filtrados "revelarán algo que o xornalismo de investigación mantivo oculto".

Durante a campaña, o equipo de Macron denunciou sufrir varios intentos de ataque informático nos últimos meses, cuxo orixe situou en Rusia. O presidente ruso, Vladímir Putin, reuniuse con Lle Pen en Moscova en marzo nunha evidente mostra de apoio. Putin dixo que non tiña ningunha intención de interferir nas eleccións francesas.

Un político sen partido

Se o liberal Macron se convertese no próximo presidente, e o máis novo que nunca houbo, será alguén case sen pasado político. Nunca se presentou até o de agora a unhas eleccións. Hai tres anos, foi nomeado polo presidente François Hollande ministro de Economía, cargo no que só estivo dous anos. Hai un ano, nin tan sequera aparecía nas enquisas de cara ás eleccións presidenciais.

Macron nunca se presentara antes a unhas eleccións e hai un ano nin tan sequera aparecía nas enquisas de cara aos comicios presidenciais

Macron prometeu o cambio, reformas políticas e económicas profundas e un futuro brillante. Non o conseguirá se non conta cunha maioría na Asemblea Nacional, para a que se celebran eleccións en xuño. O seu movemento comprometeuse a presentar candidatos nas 577 circunscricións electorais, pero só se coñecen os nomes dunha presa deles. Se non o consegue, e vese obrigado a unha cohabitación cun primeiro ministro doutro partido, existe o perigo de que o sistema político francés quede paralizado, o que converte ás eleccións lexislativas, que tamén se celebran en dúas roldas, case en tan importantes como as presidenciais.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.