Máis de 120.000 persoas que foxen da violencia no estado do Nilo Azul (Sudán) loitan por sobrevivir nun pedazo de terra inhóspita do condado de Maban, en Sudán do Sur. As infraestruturas, a atención médica e a auga son practicamente inexistentes, deixando a estas persoas totalmente dependentes da axuda
humanitaria. Os recursos, en especial a auga, están ao límite en todas partes, pero a situación agravouse nos últimos días, por mor das fortes chuvias na rexión, que están provocando inundacións e limitando o subministro de auga potable.
Médicos Sen Fronteiras alerta de que a taxa de mortandade xeral en Jaman, un dos campos de refuxiados duplica practicamente o nivel de emerxencia. A taxa bruta de mortandade no campo (incluindo adultos) é de 1,8/10.000 ao día. Mentres, a taxa de mortandade infantil en Jaman é de 2,8 por 10.000 ao día. O estudo foi levado a cabo antes das intensas chuvias dos últimos días, que incrementaron perigosamente o risco de contraer enfermidades para uns refuxiados que xa están moi debilitados. De repetirse agora, as taxas de mortandade serían mesmo máis preocupantes.
Os recursos, en especial a auga, están ao límite en todas partes, pero a situación agravouse nos últimos días, por mor das fortes chuvias na rexión
“Estas persoas fuxiron da violencia en Sudán e fixeron unha longa e dura viaxe na procura de seguridade. Polo camiño perderon membros das súas familias e a moitos amigos, e os que deron chegado a Sudán do Sur tiveron que instalarse nuns campos de refuxiados cuxos terreos se atopan agora mesmo completamente inundados. Todas estas persoas vense expostas a morrer a causa de enfermidades que serían previbles se tivesen unhas mellores
condicións de vida”, afirma Tara Newell, coordinadora do equipo de emerxencias de MSF en Jamam.
“O pasado xoves 28 de xuño, as intensas chuvias inundaron a meirande parte do campo. As letrinas rebordaron e contaminaron a agua embalsada, que xa non é apta para o consumo humano, así que o problema da escaseza de auga potable é cada vez máis grave. Ademáis, moitos dos residentes do campo, mesmo nenos, durmen coa roupa mollada baixo mantas empapadas, o que aumenta a súa vulnerabilidade á hipotermia”, explica Newell.
Fronte a esta situación tan desesperada, MSF pide ás axencias e autoridades competentes que aumenten a subministración de auga potable
Fronte a esta situación tan desesperada, MSF pide ás axencias e autoridades competentes que aumenten a subministración de auga potable, sobre todo nos campos de Jamam e Batil e no Km18. Din que os refuxiados que están no Km18 deben ser reacollidos canto antes noutro lugar en condicións. Os servizos do campo de refuxiados de Batil deben cubrir as necesidades dos refuxiados reacollidos. As estradas que dan acceso aos campos necesitan mantemento para evitar que as choivas impidan o acceso. E fan falta plans concretos e recursos apropiados para a inevitable chegada de máis refuxiados.