Os laboristas británicos revisan o seu ideario para atopar o seu espazo

Ed Miliband © Labour Party

O blogue Agenda Pública, unha rede de pensamento progresista (think net) publica unha análise do proceso que o Partido Laborista de Ed Miliband está levando a cabo para renovar o seu proxecto: centrarse nos nacidos despois de 1979, ter un proxecto claro de nation building e ir máis aló da ecuación socialdemócrata que establece que o crecemento permite a redistribución.

 

One Nation Politics "A country where prosperity is fairly shared”. Hai un ano que o partido laborista inglés está a traballar o seu proceso de policy review para dar forma ao que coñeceremos como One Nation Labour. Por iso queremos prestar atención a como o Labour Party está a realizar este proceso, a través do cal trata de pór distancia respecto do seu pasado recente, tan só dous anos despois de perder as últimas eleccións británicas.

No seu discurso ante a conferencia anual, Ed Miliband dixo do New Labour que fora “too silent about the responsibilities with those of the top and too timid about the accountability of those with power”.

O Partido Laborista impulsou hai máis dun ano un proceso de revisión da súa proposta política (policy review) co fin de actualizar o seu pensamento e as súas propostas políticas

O Partido Laborista impulsou hai máis dun ano un proceso de revisión da súa proposta política (policy review) co fin de actualizar o seu pensamento e as súas propostas políticas. Niso tivo un papel moi destacado John Cruddas, veterano laborista desencantado con Tony Blair e Gordon Brown, que foi elixido hai uns meses director de Policy Review do Partido Laborista. Foi o responsable de que o shadow cabinet de Miliband, do que é membro, impulsase un cambio no proceso de policy review, reducindo de 29 a 3 os grupos de traballo: 1) modernización da economía; 2) sociedade e 3) política.
Sobre a súa función Cruddas afirma:

"My job is to try and create some kind of process to allow a serious policy framework to widen and deepen and out of that come a pretty good manifesto that goes with the grain of people in this country that will hopefully be validated at the election. [...] Reconnect with different intellectual and academic communities, think tanks, local government activity - just to try and get something cooking”.

O proceso formal do policy review do partido está aberto -dura dous anos- e atópase a medio camiño na preparación do que será o chamado Manifesto electoral. Das palabras de Cruddas dedúcese que é un proceso aberto e no que se trata de introducir enerxía externa para osixenar a forma na que os partidos pensan o seu discurso e as súas propostas políticas.

Algúns exemplos moi claros desta apertura ao coñecemento externo son:

1) Tim Soutphommasane (@timsout), autor de Reclaiming Patriotism: Nation-Building for Australian Progressives. Miliband e Cruddas recorreron ao mozo australiano para situar o nation-building como eixo do futuro discurso laborista.

A esquerda deixou que sexan os conservadores os que establezan os termos nos que se define o concepto de nación, e agora pretende recuperar terreo neste ámbito

Lembremos que o lema da conferencia anual deste ano é Rebuilding Britain. A esquerda deixou que sexan os conservadores os que establezan os termos nos que se define o concepto de nación, e agora pretende recuperar terreo neste ámbito: "One of the reasons why you need to have a cohesive, collective identity in any liberal democratic society is that you need to have a sense of fellow feeling in order to redistribute resources.”

Según Soutphommasane, en sociedades que son máis diversas: "You can't take it for granted that citizens will have an identity in common or will be willing to contribute to the common good, and so you have to work hard to ensure that people feel like they belong to a community”

2) The relationship society ou como dar un novo sentido ao concepto de cidadanía. Durante esta primeira etapa de liderado, Ed Miliband caracterizouse por tratar de incorporar o saber universitario ao seu discurso político. Así ocorreu, por exemplo, con Michael Sandel, profesor en Harvard, onde tamén estudou Miliband, e autor do libro What money can't buy?

Sandel afirma que os progresistas deixaron o espazo da moral en mans dos conservadores. Neste sentido, é moi interesante o artigo que recentemente se publicou na web da Fabian Society sobre o papel que xoga Sandel no discurso de Miliband. "Cultivating a new sense of citizenship is desirable in the first place (...)   It is no surprise then that much of current Labour party economic messaging is about the kind of society we wish to live in.”

Marc Stears (@mds49), Profesor da University of Oxford e impulsor do Blue Labour, fixo a súa particular achega ao debate a través de Everyday democracy. Taking centre-left politics beyond state and market. "That means protecting and enriching our common spaces, providing people with the living wages they need to be able to spend time with their families and friends, and transforming our public services so that they draw the users and producers of services into continual dialogue with each other (...) I have known Ed for over twenty years, and I know that he is never happier than when he is building connections between people from all walks of life, drawing diverse people together into a politics of the common good.”

Hai xa un ano que Ed Miliband se facía eco dos problemas que hoxe teñen os nados a partir dos 80. Os laboristas teñen claro que parte da súa reconstrución ideolóxica ten que centrarse nas condicións de vida desta xeración

3) A Jilted Generation"Born after September 1979? Struggling to find a decent job, even though you’re a graduate? Can’t afford to buy or even rent a house? No prospects? Welcome to the jilted generation. Things go wrong in society all the time, but rarely do they go wrong for an entire generation”. Hai xa un ano que Ed Miliband se facía eco dos problemas que hoxe teñen os nados a partir dos 80. Os laboristas teñen claro que parte da súa reconstrución ideolóxica ten que centrarse nas condicións de vida desta xeración: Labour's policy review needs to win the generation game 

4) The Forgotten Half foi a proposta estrela de Ed Miliband no ámbito educativo. Fixa un dos seus targets en termos de políticas públicas. Un país non pode funcionar se o seu sistema educativo só funciona para aqueles que van á universidade. Unha clara aposta por combater as propostas tories por un sistema educativo dirixido á cada vez máis pequena elite social do país.

Ademais, este é outro dos exemplos de políticas e discursos no que se manifesta a importancia do papel que os think-tanks están a desempeñar no policy review. É o caso de Demos coa súa achega ao debate educativo e da transición dos mozos ao mundo do traballo, que tamén leva por título The Forgotten Half.

Un país non pode funcionar se o seu sistema educativo só funciona para aqueles que van á universidade. Unha clara aposta por combater as propostas tories por un sistema educativo dirixido á cada vez máis pequena elite social do país

5) E, finalmente, unha aposta que sitúa o debate progresista nun novo estadio: ir máis aló da ecuación socialdemócrata que establece que o crecemento permite a redistribución e que a crise de crecemento económica fai inaplicable. 

A resposta de Miliband, que lanzou nun discurso en Policy Network, un dos think tanks máis relevantes do espazo laborista, é a Pre-distribution. A idea é obra de Jacob Hacker, profesor de Ciencia Política de Yale, que foi publicada por Policy Network. Proximamente, Axenda Pública publicará un post dedicado á  pre-distribution a cargo de José Fernández-Albertos

Unha aposta que sitúa o debate progresista nun novo estadio: ir máis aló da ecuación socialdemócrata que establece que o crecemento permite a redistribución e que a crise de crecemento económica fai inaplicable

O Labour Party, o seu policy review e a súa conferencia anual están conseguindo o que a outros partidos de esquerda parece custarlles máis: a revitalización das propostas progresistas. Está claro, moitos factores contribuíron a este logro: novos liderados xeracionais, formas organizativas e cultura interna de partido máis permeables, apertura ao coñecemento que vén de fóra do partido, recoñecemento do papel dos centros de pensamento independentes... Todo iso permite aos laboristas estar en condicións de revitalizar as súas propostas progresistas. Quizais sexan ingredientes que o resto de partidos de esquerdas europeos deberían ter en conta.

Ed Miliband © Labour Party

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.