Quebec celebra eleccións este martes, e todo indica que os partidos nacionalistas acadarán, en conxunto, unha ampla maioría. O Partido Liberal (federalista) no poder, perderá, segundo as enquisas, a metade dos seus escanos e acadará menos do 30% dos votos, o seu peor resultado en 150 anos. O resto repártese entre o independentista e socialdemócrata Parti Quebecois (33% dos votos nas sondaxe), unha escisión de centrodereita (Coalition Avenir, 28%) e o Québec solidaire (8%), un partido independentista de esquerdas.
A crise económica non afectou tanto a Canadá coma a outros países, pero o seus efectos se comezan xa a notar, sobre todo na rexión francófona. Ademais, nos últimos meses foron moi importantes as masivas manifestacións estudantís e os crecentes casos de corrupción no Goberno liberal. A líder do PQ, Pauline Marois, é a gran favorita para converterse en presidenta.
Nas últimas semanas a campaña electoral está marcada polo debate soberanista. O Parti Quebecois é declaradamente independentista, o mesmo que Québec solidaire, mentres que a Coalition Avenir, tamén nacionalista francófono, preferiu polo de agora deixar este tema nun segundo plano e centrarse na economía.
O Parti Quebecois é declaradamente independentista, o mesmo que Québec solidaire, mentres que a Coalition Avenir, tamén nacionalista francófono, preferiu polo de agora deixar este tema nun segundo plano e centrarse na economía
Analízase a posibilidade de convocar un terceiro referendo de autodeterminación, coma os que o PQ xa impulsou en 1980 (cando a independencia foi rexeitada polo 60% dos habitantes de Quebec) e 1995, cando o referendo decantouse pola continuidade de Quebec en Canadá por apenas un un por cento dos votos: 50.6% a 49.4%. Tradicionalmente, cando os partidos nacionalistas francófonos acadan unha maioría tan ampla coma a que se espera que consigan este luns, toman a decisión de convocar este referendo. En 1995, a opción soberanista foi maioritaria entre os francófonos (60% deles votaron a favor), pero o voto en contra da minoría anglófona (que supoñen o 11% dos habitantes) e tamén da poboación inmigrante decantaron o resultado.