A Unidade de Acción pensionista (COESPE, EHPM (Euskal Herria) MADPP (Movimiento Andaluz), MODEPEN (Movemento Galego), UNIDADE COESPE, Plataformas de pensionistas de Badajoz, Móstoles…) convoca unha nova manifestación o 25 de outubro co lema xeral: Pola dignidade das pensións públicas, pensión mínima igual ao SMI xa!
A Unidade de Acción pensionista (COESPE, EHPM (Euskal Herria) MADPP (Movimiento Andaluz), MODEPEN (Movemento Galego), UNIDADE COESPE, Plataformas de pensionistas de Badajoz, Móstoles…) convoca unha nova manifestación o 25 de outubro co lema xeral: Pola dignidade das pensións públicas, pensión mínima igual ao SMI xa!i.
Porque si, efectivamente, o capital segue a cobizar as nosas pensións e por tanto segue a ser necesario mobilizarse diante da súa ofensiva. Porque lamentabelmente a situación continúa a ser semellante á que obrigou ao movemento a ir, tamén a Madrid, os últimos anosii. Porque, como se menciona no Comunicado, segue a evidenciarse o intento de anular a revalorización das pensións segundo o IPC co “decreto ómnibus”, ese que paramos coa mobilización pensionista e cidadá, ou coa aprobación do decreto 11/2024 que abre a porta para compensar as baixas pensións compaxinando traballo e pensión mediante o aumento da idade de xubilación, incluso ata os 72 anos, nunha estratexia pactada cos dirixentes de CEOE, CEPYME, CCOO e UXT.
Porque, conscientes das dificultades da usurpación dos dereitos dos pensionistas e sobre todo da xente traballadora nova, nestes momentos realizan unha gran ofensiva para converter os seus RELATOS en evidencias que “non sexa necesario debater” precisamente porque non se axustan á realidade. Por exemplo:
O capital segue a cobizar as nosas pensións e por tanto segue a ser necesario mobilizarse diante da súa ofensiva. Porque lamentabelmente a situación continúa a ser semellante á que obrigou ao movemento a ir, tamén a Madrid, os últimos anos
- Falando da imposibilidade de seguir mantendo o “gasto” en pensións. Lembremos o Informe Fedeaiii Aínda que antes cómpre lembrar, porque é moi importante sabelo, quen son “os membros protectores actuais de Fedea”iv: “CaixaBank, Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell, Banca March, Aberttis, Fundación Ramón Areces, Mapfre, Fundación ACS, BME-Bolsas e mercados españois, Fundación Unicaja, Deloitte e Banco de España”. Quen queira entender a que parte da sociedade representan e que intereses defenden, que entenda.
Pois este organismo nada neutral intenta asustar pedindo repensar "de inmediato" a reforma das pensións porque disparará o gasto a máis do 18% do PIB. Un titular escandaloso e un contido cheo de hipóteses aventureiras e “de parte” para unhas conclusións favorábeis aos que queren quedarse co gran negocio de privatizar as pensións (os bancos precisamente). Estes informes coméntanse practicamente en toda a prensa escrita e boa parte da dixital como se fosen informes imparciais. Crean RELATOS. Uns relatos que se ven favorecidos polo descoñecemento da maioría dos cidadáns sobre como funciona e cal é o por que´do sistema de pensiónsv. Nesta liña, como di o comunicado de convocatoria da manifestación “resúltanos moi sospeitoso (e seguiremos con gran atención) o intento recente de retorcer o último informe da AIReF sobre gasto público e pensións, dentro da guerra polo relato”.
Ante isto hai que armarse analizando a realidade. Neste sentido recomendo estudios como o do compañeiro de Modepen Xabier Pérez Davila, feito a raíz dun outro informe (neste caso de BBVA e o Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas (IVIE)) e que se pode ver desde este enlace vi
Como nos di Rosa María Artal, “quéresenos convencer de que os pensionistas son os culpábeis de que os mozos teñan carencias”
- Buscando o enfrontamento coas xeracións de traballadores/as máis novas: Como nos di Rosa María Artalvii, “quéresenos convencer de que os pensionistas son os culpábeis de que os mozos teñan carencias”.
Neste sentido cómpre botar un ollo a este artigo de Marcos Pérez Pena en Prazaviii: "A xeración do baby boom é a primeira que vive mellor que os seus fillos", lemos acotío. Esta aseveración, moi subxectiva e difícil de contrastar ao atender a moi diferentes cuestións -nas que a crise do acceso á vivenda é clave-, adoita simplificarse en "os boomers cobran pensións excesivas". E como nos aclara Marcos "dato mata a relato", e logo de analizar as cifras, conclúe:
“A precariedade laboral, a perda de poder adquisitivo de moitos salarios e sobre todo, as dificultades de acceso a unha vivenda digna -especialmente motivadas pola escalada do prezo dos alugueiros- teñen a culpa. Nunha nova guerra do último contra o penúltimo, a énfase nun enfrontamento xeracional (e de ataque ao sistema público de pensións) está procurando ocultar outros enfoques nos que a clase social ten máis importancia.”
Esta ofensiva estase a dar en toda Europa cos mesmos argumentos, nunha demostración clara de coordinación, do “quen poda facer que faga”. Así vemos a reforma privatizadora fracasada provisionalmente que non definitivamente en Francia, cede a cabeceira á Alemaña de Merz
- Debemos mencionar tamén que esta ofensiva estase a dar en toda Europa cos mesmos argumentos, nunha demostración clara de coordinación, do “quen poda facer que faga”. Así vemos a reforma privatizadora fracasada provisionalmente que non definitivamente en Francia, cede a cabeceira á Alemaña de Merzix anunciando recortes no Estado de benestar mentres fai unha estraña proposta cun custe anual 1.500 millóns de Euros (estes non lle doen) para que, a partir de 2026, os menores de entre 6 e 18 anos reciban do Estado dez euros ao mes destinados a un fondo de investimento para pagar parte da súa xubilación. Idea sobre a que o economista Alejandro Inurrieta afirmax “A medida, primeiro, é irrelevante e absurda. En ningún caso vai solucionar unha suposta insensibilidade do sistema de pensións. O que hai que facer é mellorar os salarios e aas prestacións” ... “A iniciativa do Goberno alemán "é unha forma de transferencia de diñeiro público ao sector privado sen ningún tipo de xustificación"”. A medida “irrelevante e absurda” enténdese mellor, na miña opinión, como parte do RELATO que nos queren vender.
E como di a convocatoria da manifestación de 25 deste mes en Madrid (desde Atocha ata Sol, 12,00 h), trátase dunha ofensiva do capital que “non podemos esquecer que se dá nunha situación xeral marcada polo incremento do gasto militar, ese máis do 5% do PIB qu queren que saia dos dereitos sociais da poboación, entre eles as pensións”xi,
Notas
ihttps://www.modepen.org/index.php/2025/10/17/pola-dignidade-das-pensions-publicas-pension-minima-igual-ao-smi-xa/
ii 2024: https://praza.gal/opinion/movemento-pensionista-asemblea-e-mobilizacions
2023: https://praza.gal/opinion/o-28-de-outubro-o-movemento-pensionista-vai-a-madrid
iii https://www.europapress.es/economia/laboral-00346/noticia-fedea-pide-repensar-inmediato-reforma-pensiones-porque-disparara-gasto-mas-18-pib-20251006111056.html
ivhttps://fedea.net/miembros-protectores/
vhttps://praza.gal/opinion/a-defensa-das-pensions-publicas-como-un-dereito-adquirido-de-caracter-salarial
vihttps://www.modepen.org/index.php/2025/07/22/nin-o-bbva-nin-fedea-deben-dirixir-o-debate-sobre-o-futuro-das-pensions/
viihttps://www.eldiario.es/opinion/zona-critica/enfrentando-jovenes-pensionistas_129_12616868.html
viiihttps://praza.gal/economia/os-boomers-cobran-xubilacions-altisimas-o-60-dos-pensionistas-galegos-recibe-menos-de-15000-euros-ao-ano
ixhttps://www.publico.es/economia/alemania-propone-ninos-ahorren-diez-euros-mes-poder-pagarse-pension-jubilarse.html
xhttps://www.publico.es/economia/asi-acaba-europa-dinero-publico-pagar-pensiones-mercados-financieros.html
xiTáboa de reivindicacións da manifestación do 25 de outubro.:
1. Pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional neto (e que este sexa o 60% do salario medio segundo a Carta Social Europea).
2. Acabar dunha vez coa escandalosa fenda de xénero.
3. Auditoría das contas da Seguridade Social, en cumprimento da Lei 21/2021.
4. Revalorización das pensións segundo o IPC real (e compensación do 3,8% que perderon as pensións).
5. Cambio lexislativo na lei 2/2023 substituíndo o limiar da pobreza polo SMI como referencia para o cálculo das pensións mínimas (contributivas e as non contributivas).
6. Alto ás privatizacións dos Plans de pensións de emprego (PPEs).
7. Xubilacións anticipadas sen penalización con 40 anos de cotización.
8. Nin un euro para armamento nin para a guerra. Os gastos militares para fins sociais.
Nota
As plataformas locais do MODEPEN están organizando as viaxes. As persoas que queiran participar na manifestación poden poñerse en contacto a través dos seguintes teléfonos:
CORUÑA: 647 18 60 10-Manuel Gundín.
FERROL: 659 85 58 05, Pablo; 619 44 53 52, Lucía; 629 85 03 05, Pepe Iglesias.
RIBADEO: 669 75 24 95, Evaristo.
CANGAS: 608 13 69 59, Eugenio; 722 17 88 79, Manuel Camaño; 637 69 04 63, Lina.
VIGO-REDONDELA: 616 63 57 08, Gonzalo; 610 02 02 74, Luis Viñas. De Vigo sae o autobús ás 3 da mañá da Praza de España (dos cabalos). Prezo 30 € ida e volta.