Luís Seoane e Pablo Picasso coñecéronse en París. Dos encontros que mantiveron no obradoiro do segundo, ao longo do ano 1949, sairían interesantes conversas nas que Picasso falaría das súas lembranzas da infancia, dos anos que viviu na Coruña e da orixe dos seus medos daquela época, que non era outra que a escola. Lembraba con terror o soto do Eusebio da Guarda, onde os profesores infrinxían os castigos aos alumnos. Estamos a falar de fins do século XIX. Cada época ten o seu aquel, as súas eivas e desacertos.
A fins do século XX a educación pública galega era boa ou moi boa, dependendo dos centros. Había un compromiso da administración e o persoal docente respostaba axeitadamente a aquela responsabilidade
Por sorte, hoxe o castigo físico desapareceu. A sociedade avanza e, con ela o sistema educativo, ou así debera ser. Sen embargo, non sempre acontece. A fins do século XX a educación pública galega era boa ou moi boa, dependendo dos centros. Había un compromiso da administración e o persoal docente respostaba axeitadamente a aquela responsabilidade, traballando para preparar ás que probablemente sexan as xeracións con mellor formación académica deste país.
Pero as cousas mudaron co paso de século, porque o escenario que envolvía ao sistema educativo cambiou vertixinosamente a partires da era dixital que se consolida co acceso en masa a Internet. As novas tecnoloxías, os novos xeitos de traballar, de infomarse e comunicarse transformaron un escosistema ao que aínda non fomos capaces de adaptarnos.
Pícaros e pícaras que nacen cunha tablet debaixo do brazo, que navegan en Internet mellor que calqueira cerebriño de Silicon Valley. Pero na aula é habitual que só haxa un ordenador que case sempre emprega o profesor para ver o solucionario dos exercicios.
Imaxinemos, por exemplo, a Seoane e a Picasso, cando nenos, debuxando e pintando prolíficos, incansables nas súas respectivas casas da Coruña. Inventando historias e novas técnicas pictóricas para expresarse, para comprender o mundo que os rodea. Tardes enteiras adicadas a explorar, a motivarse, a dar renda solta ao talento, á creatividade. E imaxinémolos despois, tratando de dar ao profesor unha lección intragable, rancia, caduca, con instrumentos fósiles para a docencia, mapas cheos de couza, libros áridos e desfasados.
Pois un pouquiño así é como están as aulas galegas hoxe en día. Pícaros e pícaras que nacen cunha tablet debaixo do brazo, que navegan en Internet mellor que calqueira cerebriño de Silicon Valley, que son capaces de editar vídeos, manipular fotografías co Photoshop ou preparar un traballo con información do Google en menos que canta un galo. Estes cativos e cativas chegan a clase –despois de ter pasado moi pouquiño tempo cos seus pais que teñen horarios leoninos–, sacan a libretiña Taurus, o lápis Staedtler do número dous e botan case cinco horas copiando enunciados de libros moi mal editados como se fosen escribáns da Idade Media. Na aula é habitual que só haxa un ordenador que case sempre emprega o profesor para ver o solucionario dos exercicios.
A controvertida lei Wert devólvenos á prehistoria, a un mundo que xa non existía, que estaba erradicado e que non queremos que volva
O problema da educación pública non é só un problema de cartos. Nin un problema da comunidade educativa que a día de hoxe fai todo o que está na súa man para saír adiante, dentro dos recursos limitadísimos de que dispón. Pero si que se ten convertido nun problema político, como tantas outras cousas.
A controvertida lei Wert devólvenos á prehistoria, a un mundo que xa non existía, que estaba erradicado e que non queremos que volva. A verdadeira reforma educativa vai por outros camiños, acorde cos novos tempos que vivimos, difíciles de albiscar por un torito bravo, ensilvado en favorecer a privatización dun servizo básico e absolutamente esencial para o conxunto da sociedade como é a Educación. Pero os golpistas aproveitan o neboeiro da crise para retroceder todo o que poden a sotos de tortura onde o fracaso escolar do 25%, inconcebible e alarmante, poderá incrementar se non se teñen os recursos necesarios e a sensibilidade suficiente para aceptar que o coñecemento é un conxunto de valores que non se acadan a través de leis antidemocráticas, non consensuadas, mercantilistas e recentralizadoras. Pola vía do autoritarismo nunca se conseguiu a excelencia.
O obxectivo da educación debe ser a formación de cidadáns con capacidade para pensar, non a produción dunha masa de futuros traballadores baratos e facilmente manipulables
Ninguén pretende que todos sexamos Seoanes ou Picassos, ese é un lugar reservado para uns poucos visionarios. Pero si arelamos unha Educación pública e innovadora para todo o mundo, ben adaptada aos tempos que corren. O obxectivo da educación debe ser a formación de cidadáns con capacidade para pensar, non a produción dunha masa de futuros traballadores baratos e facilmente manipulables que se esquezan de que algún día existiron os dereitos.
Todavía os temos pero cómpre loitar por conservalos. E aínda estamos a tempo.