A pandemia do coronavirus está a causar auténticos estragos na existencia material de gran parte da poboación non rica. Quizais aínda non somos do todo conscientes das consecuencias da combinación dunha crise económica que se estaba xestando, a irrupción do coronavirus e a semiparalización económica imposta a continuación non se sabe aínda por canto tempo: centos de miles de novos parados se non millóns na UE, incremento exponencial da pobreza, rebaixas de salarios e poder adquisitivo... Moitos países decretaron medidas extraordinarias.
Nunha situación realmente excepcional como a de agora é cando ten todo o sentido do mundo o moi coñecido e ao mesmo tempo moi pouco asumido polos gobernos obxectivo de "salvar as persoas"
Por suposto que as persoas moi ricas perderán, están a perder xa, moito diñeiro pola caída en picado das bolsas. Por suposto que tamén terán perdas pola caída do valor de moitas das súas accións e do peche de fábricas. Por suposto. Pero os milleiros de persoas que se quedaron e quedarán sen traballo remunerado, sexa de forma provisional ou definitiva, non só terán "perdas", sufrirán tamén unha degradación moi grande das súas condicións materiais de existencia. Moitas patronais do mundo non deixaron de aproveitar a ocasión para reivindicar que os impostos sexan recortados e que se facilite o despedimento e a rebaixa de salarios. Non é estraño que se compare a súa actitude cos voitres que planean sobre os animais feridos esperando que caian para que sirvan de alimento.
Na crise desatada en 2008 na UE impuxéronse políticas austericidas que golpearon estados enteiros, como Grecia, e toda a poboación non rica. Agora, co inicio da pandemia, parece que non queren aplicar as mesmas medidas de austeridade que produciron uns resultados tan nefastos. Pero entre os activistas dos movementos sociais e entre algúns economistas destaca unha medida pola contundencia coa que se está estendendo estes días: a proposta dunha renda básica, unha asignación monetaria incondicional a toda a poboación.
Nunha situación realmente excepcional como a de agora é cando ten todo o sentido do mundo o moi coñecido e ao mesmo tempo moi pouco asumido polos gobernos obxectivo de "salvar as persoas". E aquí entra con toda razón a proposta da renda básica. Non se trata dunha caridade, nin dunha "axuda", nin dunha solución "second best", nin dun sustitutivo á espera dunha situación mellor. Trátase dun dereito humano, trátase dun dereito da vella tradición da liberdade republicana á que todos os demais están subordinados: o dereito á existencia. Non como "submisos suplicantes" dun subsidio condicionado, senón como cidadáns que temos dereito á existencia social.
E coas medidas que se puxeron e poñeranse en funcionamento con motivo da pandemia, esta dependencia do "submiso suplicando" vólvese máis cruel para cada vez moitas máis persoas. A renda básica dunha cantidade polo menos igual ao limiar da pobreza en cada país, garantiría a existencia material de toda a poboación, non como unha "axuda", non como unha caridade, senón como un dereito humano á existencia social. E coa situación creada pola pandemia, a súa necesidade é máis urxente aínda.
Os gobernos e algúns economistas que seguen repetindo as receitas tradicionais coma se estivésemos nunha situación habitual, pregúntanse polo "custo" dunha medida así
Os gobernos e algúns economistas que seguen repetindo as receitas tradicionais coma se estivésemos nunha situación habitual, pregúntanse polo "custo" dunha medida así. Non se trata agora de mostralo, xa hai estudos detallados de como se podería financiar unha renda básica, senón de defender que o "custo" da existencia material de toda a poboación é prioritario a todo o demais. Así que podería establecer que toda a cidadanía tivese a existencia material garantida ata que durase a situación de emerxencia: unha renda básica de 1.000 euros mensuais para toda a poboación ata final de ano, por exemplo. Ata final de ano! Non é pedir grandes cousas. Isto é menos diñeiro que os que serviron para rescatar á banca española. Por suposto que a renda básica, que algúns xa rebautizaron como "renda de corentena", debería ir acompañada de máis medidas. Aquí só queremos apuntar a necesidade urxente dunha renda básica. Para os que lles preocupa que a reciban tamén os máis ricos, na declaración anual do IRPF todas aquelas persoas que tivesen uns ingresos superiores a 25.000 euros brutos (ou 35.000 ou 40.000, non se trata de fixar agora a cifra senón considerar a viabilidade da medida), volveríaselles a descontar. Cal é o problema? Non estamos nunha situación de emerxencia?
E, por certo, cal é o "custo" social de non implantar a renda básica?