Stefan Zweig, quén vivíu e morreu como consecuencia da dor insoportable que lle producíu a destrucción europea dos años '30 e '40, entre os seus maravillosos contos, publicados en las Páginas de Espuma, Cuentos Completos, ten un, fermosísimo, titulado "La leyenda de la tercera paloma" no que conta, nunca mellor dito, de maneira maxistral, como él facía, a historia das tres pombas que soltou Noé, din que desde enriba do Monte Ararat, onde supostamente pousara a Arca, logo do diluvio universal.
A primeira pomba, como todos sabemos, non atopou onde pousarse e voltou ás mans de Noé. A segunda, a máis coñecida das tres, despois de sete días, cando xa non chovía e as augas descenderan, voltou cunha rama de oliveira no bico, é a quén hoxe consideramos universalmente o símbolo da paz. Pero, qué pasou coa terceira pomba?, sí, aquela que Noé soltou cando pasaron outros sete días e logo de que a segunda pomba regresara? Pois que non voltou nunca. Supuxo Noé que a Terra estaba entón salvada, que as augas descenderan definitivamente, pero desta terceira pomba, nunca máis soupemos, nen Noé nen nós.
Stefan Sweig, coa súa xenialidade literaria, conta que a terceira pomba simplemente esqueceuse de Noé, o ancián de barbas brancas que coidaba da Arca. A terceira pomba "fixo do mundo a súa patria e do ceo a súa casa". Sen embargo, lonxe de atopar a paz, "un mar de fogo e sangue inundaba agora toda a terra". En todas partes, a guerra. "A terceira pomba aínda non atopou repouso, como a Humanidade non atopou a paz, e até que non o consiga non poderá voltar ó seu fogar nen descansar para sempre".
Nos nosos días ninguén víu, ninguén sabe da mítica terceira pomba, a errante, a que anda na procura da paz.
E remata Sweig o seu conto: ..."como hai miles de anos, o mundo agarda impaciente a que alguén lle extenda a man á terceira pomba e recoñeza, por fin, que a proba xa durou de máis".