Brasil: Máis de dez millóns de votos en 20 días. “Como así?”

Un dos últimos actos da campaña electoral de Lula da Silva © Lula

Cando o 4 de outubro Lula da Silva quedaba con 53.879.538 votos e unha raquítica porcentaxe 45,16%,  a esperanza dun 4º mandato era un acto de fe no que poucos acreditaban. Vinte e un días despois, Lula sumou outros dez millóns de votos e gañaba ao candidato da oposición por máis de 4 millóns de votos. Qué pasou? Como explicalo?

Que pasou en menos dun mes para que acontecese semellante fenómeno electoral?

Cando o 4 de outubro Lula da Silva quedaba con 53.879.538 votos e unha raquítica porcentaxe 45,16%,  a esperanza dun 4º mandato era un acto de fe no que poucos acreditaban.

Ese mesmo día, xa antes da publicación dos resultados, desde o equipo de campaña constatábase o progresión do voto cara ao candidato Flávio Bolsonaro. O fascismo avanza, confesaban resignados internamente. 

Vinte e un días despois, Lula sumou outros dez millóns de votos e gañaba ao candidato da oposición por máis de 4 millóns de votos. Qué pasou? Como explicalo?. Contrariamente ao que se publicou en Europa, non foi a abstención dos que outrora votaran a Lula agora desencantados. O 4 de outubro houbo a mesma abstención de sempre. O 21%. Que pasara, pois?

En primeiro lugar houbo unha autocrítica severa, da política de comunicación do equipo de campaña do presidente

En primeiro lugar houbo unha autocrítica severa, da política de comunicación do equipo de campaña do presidente. Lula estaba convencido de que Flavio non era rival de peso. Non tiña formación, cultura, nin boa oratoria e estaba inmerso en varios procesos xudiciais por corrupción.  

Acreditaba Lula en que traballo feito durante todos estes anos sería recoñecido polo pobo brasileiro e daría unha vitoria inequívoca ao mandatario octoxenario. A partir do 4 de outubro, nisto houbo un cambio radical. Lula arriscou, volveuse máis mordaz, agresivo, irónico, retador.. Agora si que consideraba a Flávio un contrincante político que podería ser gañador e pasou a enfocar así a campaña.

O segundo elemento decisivo e fundamental foi a mobilización popular, especialmente a mocidade estudantil. Botáronse ás rúas en manifestacións masivas que ocuparon espazos públicos nas grandes cidades. O medo a outro mandato “Bolsonaro” activou a unha parte do electorado que estaba inactivo e agora participaba intensamente, deixando o índice de abstención máis baixo en 20 anos: O 19,22%.

A Lula sobroulle o tempo que lle faltou a Iván Cepeda en Colombia, quen remontou ata quedar a menos do 1% . Ollando para o país veciño aínda se estará preguntándose, con esa expresión, tan colombiana: Como así?

Un novidoso e decisivo terceiro factor foi a interferencia das grandes tecnolóxicas que controlan as redes. Nomeadamente META. Durante a primeira quenda electoral. META alterou  e manipulou os seus propios algoritmos para espallar polas redes mensaxes favorables a Bolsonaro ou críticas con Lula. Ao tempo que limitaba, cortaba  ou restrinxía as que saían do equipo Lula. Neste momento é no que emerxe a figura de André Janones, o “Xeneral dixital” así alcumado por Lula para recoñecer o seu transcendental traballo na domesticación das redes. Creación de pouco contido argumentativo, profundo ou documentado. Adopción da linguaxe directa e agresiva ( semellante á que utiliza a ultradereita). Creación dunha canle de whatsaap na que aleccionaba a un exército de máis de dez millóns de membros, dando instruccións e información de como interactuar coas redes: Visionar  o contigo propio, darlle “ gústames”, difundir, comentar.. Sincronizar ao que Lula denominou o “Exercito da democrácia para facer accións conxuntas en todo xigante latinoamericano.  Ao tempo bloquear e/ou non interaccionar con contido de  perfís bolsonaristas ou falsos.

O mercado electoral volveuse tan volatil coma o das bolsas de valores. A Lula sobroulle o tempo que lle faltou a Iván Cepeda en Colombia, quen remontou ata quedar a menos do 1% . Ollando para o país veciño aínda se estará preguntándose, con esa expresión, tan colombiana: Como así?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.