Desaprender a violencia machista

© Plataforma Feminista de Ames

A masculinidade e a feminidade normativas constrúense en base á orde patriarcal que establece unha xerarquía de poder asimétrica que identificamos, principalmente, a través dos efectos discriminatorios da desigualdade que moitas mulleres vivenciamos no noso contexto social e cultural

A masculinidade e a feminidade normativas constrúense en base á orde patriarcal que establece unha xerarquía de poder asimétrica que identificamos, principalmente, a través dos efectos discriminatorios da desigualdade que moitas mulleres vivenciamos no noso contexto social e cultural.

O noso instrumento legal máis representativo, a lei 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, expón que esta se manifesta como o símbolo máis brutal da desigualdade existente na nosa sociedade. Vemos así, que recoñece o marco de desigualdade na relación entre a masculinidade e a feminidade hexemónicas e que relaciona de forma directa a violencia de xénero con esta desigualdade.

A violencia contra as mulleres por razóns de xénero, aprendémola ao longo do noso proceso de socialización. A naturalizamos e normalizámola e, desde unha dimensión non consciente, incorporámola como unha mediación posible das relacións entre os homes e as mulleres.

A transformación necesaria para erradicar a violencia contra as mulleres, require transcender o non consciente ao consciente. E, este tránsito precisa de ferramentas que nos permitan desvelar o sistema de crenzas que xustifica e perpetúa esta violencia.

Desde Comadres en Rede, o grupo de traballo da Plataforma Feminista Galega de Ames, propomos unha xornada de formación básica especializada, dirixida a mulleres maiores de idade, co obxectivo de ofrecer un marco de comprensión das estratexias do patriarcado que nos fan vulnerables ante a violencia de xénero e a posibilidade de identificar as propias vivencias de violencia

Unha das ferramentas principais é a formación e é por iso que desde Comadres en Rede, o grupo de traballo da Plataforma Feminista Galega de Ames, propomos unha xornada de formación básica especializada, dirixida a mulleres maiores de idade, co obxectivo de ofrecer, por unha banda, un marco de comprensión das estratexias do patriarcado que nos fan vulnerables ante a violencia de xénero e, doutra banda, a posibilidade de identificar as propias vivencias de violencia.

VIOLENCIA MACHISTA: IDENTIFICAR PARA TRANSFORMAR, é un programa que non require formación previa. Aquelas mulleres que o desexen, poden pedir información e inscribirse na dirección de correo pfeministaames@gmail.com. Será en Bertamiráns o sábado 16 de novembro.

Desaprendamos xuntas!

VIOLENCIA MACHISTA: IDENTIFICAR PARA TRANSFORMAR © Plataforma Feminista de Ames

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.