Rosa González Graell (Barcelona 1960). Feminista, nai, avoa, mestra de formación universitaria, apaixonada da formación, sensibilización e divulgación para a erradicación da violencia patriarcal. Durante 10 anos, en Barcelona, formou parte dunha cooperativa de mulleres que traballaba na abordaxe da violencia de xénero, acompañando á recuperación de mulleres en situación de violencia, realizando proxectos de prevención, de formación e de sensibilización para público xeral e para profesionais de distintos ámbitos.