Homes brancos ricos e perdóns oficiais

Captura do vídeo da canción 'Peça Desculpas, Senhor Presidente' © Bea Saiáns

Pedir desculpas debería ser o comezo dunha reparación, dunha bandeira de tregua que se alce para parar e preguntar. Que precisas? Precisas que falemos disto moitas veces? Precisas que faga algo en concreto? Por canto tempo?

Nada se arranxou nunca cun pedido de desculpas só. 

Pedir desculpas debería ser o comezo dunha reparación, dunha bandeira de tregua que se alce para parar e preguntar. Que precisas? Precisas que falemos disto moitas veces? Precisas que faga algo en concreto? Por canto tempo? Precisas que se devolva a porta de Babilonia do museo máis visitado de Berlín? ou quizais todas as momificacións que forman parte da exposición permanente do Brithish Museum e polas que miles de turistas se achegan cada ano a Inglaterra? Que eliminemos todas as Rúas Colón? Precisas que mudemos os libros de historia? E cando se nomee a Exipto, unha das civilizacións máis antigas do planeta, deixar claro que a pesar dos seus diferentes tons de pel, o que non eran seguro é brancos?

As veces non existe reparación posible. Todo sexa dito.

España e Portugal son os últimos países en pedir desculpas oficialmente dos países que máis colonizaron e escravizaron do século XV ao XIX

Luca Argel lanza o seu novo disco no 2023, “Sabina”, utilizando como catalizador a historia dunha vendedora de laranxas, negra e pobre, do Rio de Janeiro que foi encarcerada inxustamente, dando lugar a unha revolta da clase alta branca a finais do século XIX.

Antes de liberar o disco, lanza este provocador single composto e interpretado por el mesmo “Peça Desculpas, Senhor Presidente”, que acompaña cun vídeo dirixido pola redactora desta peza e producido por CRU.

Argel, de orixe brasileña, lanza este vídeo no medio dunha campaña mediática para a cal chama a participar a varias artistas como A Garota Não ou Fado Bicha entre moitas. Busca provocar aos gobernos de España e Portugal, que encarnan aos protagonistas do devandito vídeo. España e Portugal son os últimos países en pedir desculpas oficialmente dos países que máis colonizaron e escravizaron do século XV ao XIX. 

No artigo que escrebe Argel para O Publico fai referencia a un tweet de Kyla Lacey que resume a problemática: “As persoas non se incomodan ao recibir unha herdanza, ao recibir uns cartos que elas nin sequera estaban vivas para facer. Nós entendemos ben o concepto de riqueza xeracional. Pero por algunha razón negamos que exista trauma e pobreza xeracionais".

Nada se arranxa cun pedido de desculpas, cando se continúa arrasando cos recursos dos países máis empobrecidos coa complicidade dos seus líderes. Moitos dos países que aparecen na pantalla final de “Peça Desculpas, Senhor Presidente”, fixeron un pedido de desculpas oficial e aínda así seguen perpetuando políticas de extracción de minerais

Nada se arranxa cun pedido de desculpas, cando se continúa arrasando cos recursos dos países máis empobrecidos coa complicidade dos seus líderes. Moitos dos países que aparecen na pantalla final de “Peça Desculpas, Senhor Presidente”, fixeron un pedido de desculpas oficial e aínda así seguen perpetuando políticas de extracción de minerais, que pouco distan do expolio realizado no pasado. 

Fai falla non só falar dos países, senón do que é necesario para o goberno dos países, do necesario para manter o privilexio e a subordinación. É preciso falarmos tamén de masculinidade hexemónica. Esta segue imperando grazas a un proceso de hibridación e actualización da súa propia construción tradicional, cando se enfronta ás mudanzas da categoría “muller”. Cando se enfronta á flexibilidade de identificación e expresión do colectivo LGTBIQA+ que en constante transformación muda os marcos de pensamento. 

Pero demostra pouca adaptabilidade -e é por aí que se lle ven as orellas ao macho- en canto ao perdón. Se aínda existe este choque frontal. Esta resistencia á vulnerabilidade necesaria, para un pedido de desculpas e unha reparación. Evidencia, que a falta de conexión coas emocións é producente para a dominación e o control.

Captura do vídeo da canción 'Peça Desculpas, Senhor Presidente' © Luca Argel

A colonización pois, por parte dos países europeos non se escapa desta construción da masculinidade. Engancha co capitalismo na súa ansia de acumulación e exhibición de forza, na súa neglixencia e estoicidade ante o perigo

A colonización pois, por parte dos países europeos non se escapa desta construción da masculinidade. Engancha co capitalismo na súa ansia de acumulación e exhibición de forza, na súa neglixencia e estoicidade ante o perigo. Na falta de conexión coas emocións necesaria para levar a cabo unha guerra. Na obsesión en dobregar a diversidade. Ser o macho é castigar a dúbida, a mudanza de opinión. Castigar a quen da un paso atrás para observar o que é descoñecido, sen tocalo. Sen querer apoderarse del.

Ambos sistemas operan do mesmo xeito. Demostrar o teu poder é existir. 

Agarrar e gardar o que che pete, tanto sexa unha teta ou un país enteiro.

Peça Desculpas, Senhor Presidente” conta coa colaboración especial de A Garota Não, Denize Machado, Gisela Casimiro, Karla da Silva, Lila Tiago, Nádia Yracema, Patricia Lino, Pri Azevedo e Selma Uamusse. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.