Bea Saiáns

Bea Saiáns

Bea Saiáns (1991) está especializada en Xénero e Comunicación pola Universitat Autònoma de Barcelona e formada tamén a través de residencias La Plantación con Víctor Erice, Pedro Costa, Joan Fontcuberta. Dirixiu varias curtametraxes Historias de Non-Ficción(2018), ou Pai (2019) e vídeos musicais como Arrolo de Cumieira de Caldo ou Ratatá de O Rabelo.  No 2021 gaña a beca en Dirección de Fotografía I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) programa organizado por ICAA, Netflix e CIMA. 

É a impulsora da produtora CRU Producións gañadora do premio á mellor iniciativa empresarial da Deputación de Pontevedra no 2022 e creadora da serie en preprodución RÉGIMEN.