O caso Villares, ou o gromo polaco en Galicia

O presidente Rueda e o conselleiro Calvo, na toma de posesión do presidente do TSXG en xullo de 2025 CC-BY-SA Xunta

1. Crónica dunha deportación anunciada

O pasado 25 de marzo, a sección territorial de Galicia da asociación xudicial Jueces y Juezas para la Democracia, facía pública unha noticia non por esperada menos escandalosa: a expulsión do maxistrado Luís Villares da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do noso Tribunal Superior de Xustiza. Esa que xulga a legalidade da actuación da Xunta en materia de autorización de proxectos industriais e contratación pública. 

Este movemento fora intentado a finais de 2023 baixo a presidencia de José María Gómez y Díaz-Castroverde; mais o rexeitamento que provocou dentro do Tribunal impediu que prosperara. 

Xa no 2024, houbo outro intento máis subtil, tamén fracasado: o da Xunta de facer pasar as autorizacións de instalación de eólicos por unha materia ambiental en vez de industrial, para que os asuntos pasasen da sección 3ª (onde estaba Villares) á sección 2ª (que presidía Azucena Recio, a nova presidenta da Sala). A Sala ten catro seccións e os asuntos distribúense por materias de forma establecida previamente nas denominadas regras de reparto de asuntos entre seccións, en vigor desde o 1 de xaneiro do 2024, que establecían que o control do medio ambiente e os impactos ambientais correspondían á 2ª e as autorizacións en materia industrial á 3ª. Unha vez gañadas as eleccións autónomicas, a Xunta levou as competencias sobre autorizacións de parques eólicos da Consellería de Industria e Enerxía á Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático, e pediulle ao Tribunal que os asuntos de eólicos cambiasen da sección 3ª á 2ª; mais a Sala rexeitouno explicando que o reparto era por materias, e non por consellerías, polo que os proxectos industriais correspondían á terceira por máis que estivesen camuflados na Consellería de Medio Ambiente.

María Azucena Recio, nova presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, na súa toma de posesión, ante o conselleiro Diego Calvo CC-BY-SA Xunta de Galicia

Porén, tras continuas conversas en restaurantes e clubes de golf, e baixo a non menos continua presión da campaña editorial da Voz de Galicia, o cambio das presidencias do TSXG (Ignacio Picatoste, APM) e da Sala do Contencioso (María Azucena Recio González, apoiada pola APM, presidenta da sección 2ª) acordado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, brindou o momento propicio para que o Partido Popular –especialista en controlar Salas “por la puerta de atrás”– lanzase a operación definitiva de deportación de Luís Villares da sección terceira cara a sección cuarta.

Mediante unha resolución unilateral e executiva da presidenta da Sala, co apoio da Sala de Goberno, como ela mesma presumía, segundo relatan fontes xudiciais directas, aínda que a facultade legal só lle corresponde a ela, Luís Villares (canda María Dolores López Lopez, outra maxistrada dos catro que compoñen a sección terceira) foron enviados xa a controlar os tributos autonómicos e estatais, e o apaixonante asunto das taxas portuarias. A argumentación do “ajuste” (sic) foi a seguinte:

Esta Sala ha tenido conocimiento de las sentencias dictadas por el Tribunal Supremo, en que se considera que ha resultado vulnerado el derecho fundamental a un juez imparcial, consagrado en el artículo 24 CE, que se pone en relación con la intervención en la política del Magistrado D. Luis Villares -de 19/01/2026, Nº de Recurso: 2215/2023, Nº de Resolución: 26/2026; de 17/12/2025 Nº de Recurso: 6587/2022 Nº de Resolución: 1673/2025; y 23/12/2025 Nº de Recurso: 8220/2022.

Esto es lo que motiva la necesidad de modificar la composición personal de la Sección Tercera de esta Sala y, por consecuencia, de la Sección Cuarta. Ello es así por cuanto la finalidad última es la de salvaguardar la apariencia y realidad de la imparcialidad con que funciona esta Sala, compuesta por 18 magistrados/as. Y dentro se incluye la propia salvaguarda del magistrado cuya imparcialidad ha sido sometida a valoración judicial por el Tribunal Supremo, unido a las necesidades reorganizativas, atendido el número de procedimientos que se tramitan en cada una de las Secciones, por entender que la reestructuración va a reforzar el buen funcionamiento de la Sala”.

Non vou entrar agora na análise técnica da cuestión, mais si direi que o caso Villares suscita moitas razóns xurídicas para a inquedanza. Tamén políticas.

O argumentario da resolución de traslado da maxistrada da sección terceira é ainda máis inconsistente:

Por razones organizativas, se hacen preciso ciertos cambios en la composición personal de las Secciones, atendido el número de procedimientos que se tramitan en cada una de ellas, y por entender que la reestructuración va a reforzar el buen funcionamiento de la Sala.

He tomado en consideración, con relación a los magistrados de la Sección Cuarta, el escaso período de tiempo que llevan en dicha Sección y no puedo dejar de considerar que ello, asimismo, supone un crecimiento profesional y una oportunidad en la carrera profesional de los propios magistrados/as, al abordar nuevas materias que también son competencia de este orden jurisdiccional y más en concreto, de esta Sala. Como consecuencia de los cambios, se hace preciso, además, y para conseguir una composición equilibrada de las Secciones, que otra de las Magistradas de la Sección Tercera, se incorpore en la Sección Cuarta”.

Desde a semana do San Xosé, Luis Villares deixou de ter nas súas mans asuntos da sección terceira. E aproveitando as ferias de pascua, a sección segunda aproveitou para asumir cara sí as autorizacións de liñas eléctricas de alta tensión. 

Porén, o traslado dos maxistrados afectados non é ainda definitivo. Están xa elaborándose varios recursos de alzada perante o Consello Xeral do Poder Xudicial, que poderán continuar co posterior recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Supremo. 

Non vou entrar agora na análise técnica da cuestión, mais si direi que o caso Villares suscita moitas razóns xurídicas para a inquedanza. Tamén políticas.

2. Os donos do vento non collen prisioneiros

Esa aristocracia, acostumada a mandar naturalmente, demostrou a súa capacidade para desmantelar o concurso eólico do bipartito; mais tamén demostrou a súa incapacidade para desbloquear un sector colapsado pola pésima estratexia regulatoria neoliberal ditada pola súa cobiza

Tras a bomba do 25 de marzo, o Villaresgate (a existencia dun maxistrado que exerceu como político de esquerdas nun período breve da súa vida) nin se creou nin se destruíu, só evoluíu cara unha nova fase na que as presións políticas e mediáticas da aristocracia empresarial que move este país, empeñada en continuar facendo grandes as súas fortunas a través da enerxía eólica, decidiron pasar por riba dunha institución clásica do Estado de Dereito, a separación de poderes, e do seu custodio, o Poder Xudicial. 

É certo que esa aristocracia, acostumada a mandar naturalmente, demostrou a súa capacidade para desmantelar o concurso eólico do Bipartito; mais tamén demostrou a súa incapacidade para desbloquear un sector colapsado pola pésima estratexia regulatoria neoliberal ditada pola súa cobiza. Un sector inevitablemente xudicializado como consecuencia desa mala regulación, e no que a sección terceira fixera un traballi xurídico admirable. Por esa razón, os donos do país decidiron hai tempo que a sección terceira debía mudar o seu enfoque ambientalista e garantista. 

Logotipo do partido polaco PIS © PIS

3. O Partido Popular de Galicia, polo camiño do PIS.

A depuración xudicial dun maxistrado incómodo para a Feliz Gobernación é un máis dos indicios de que o Partido Popular de Galicia, como vanguarda da clase empresarial, entrou nunha deriva autoritaria non moi distante da que fixo Orbán en Hungría ou o partido da Lei e a Xustiza (en polaco, Prawo i Sprawiedliwość, ou PIS) dos irmáns Kaczinsky en Polonia. 

Non por casualidade, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos crearon a súa xurisprudencia actual contra o traslado forzoso de maxistrados grazas aos recursos presentados por maxistrados e maxistradas polacas. Miren por onde, o Villares pode acabar sendo vanguarda xurídica galega en Europa.

Nun mundo virado cara á dereita, a acumulación de poder mediático, económico, lexislativo, executivo e xudicial que busca consolidar o Partido Popular de Galicia fará cada vez máis difícil a alternancia democrática 

A deriva autoritaria e iliberal de Galicia caracterizárase até agora pola dose homeostática de varios trazos definitorios: a discreta eliminación da pluralidade dos órganos independentes de contrapeso do poder executivo (bloqueo a Fernando de Abel como adxunto da Valedora, remisión da comisión de transparencia ao Consello Consultivo); o férreo control sobre os medios públicos de comunicación social (Corporación Servizos Audiovisuais de Galicia e os Venres Negros) e sobre os medios públicos de produción de realidade (vinculación directa do Instituto Galego de Estatística á presidencia da Xunta). Mais agora, traspásase un límite sustancial: engádese á caixa de ferramentas a depuración de maxistrados incómodos, que non se alinean cos intereses da clase dominante.

Os mesmos patricios que no 2009, ´ vista dos adxudicatarios do concurso eólico do bipartito, berraron desde Sabón que non ían deixar que “un camillero reparta el dinero en Galicia”, lanzarán aplausos desde o Alén, e dirán “excelente; el juez zurdo, a poner sentencias sobre tasas portuarias de túnidos congelados, por paralizar las inversiones de los que amamos tanto a Galicia”. Toda unha advertencia aos que ataquen os intereses dos que mandan. Incluídos os xuíces.

Nun mundo virado cara ´ dereita, a acumulación de poder mediático, económico, lexislativo, executivo e xudicial que busca consolidar o Partido Popular de Galicia fará cada vez máis difícil a alternancia democrática en Galicia. 

Os e as demócratas galegos/as debemos ser conscientes do que está a pasar (e do que ainda pode pasar) para actuarmos en consecuencia.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.