O presidente da Conferencia Episcopal aínda non dixo unha palabra sobre Albiol

Luis Argüello, presidente da Conferencia Episcopal © Conferencia Episcopal

O presidente da Conferencia Episcopal Española, Luís Argüello García, aínda non dixo unha soa palabra sobre que Albiol deixase a máis de 400 persoas na rúa. Ningunha. Nin un xesto, nin unha chamada á conciencia, nin unha mínima defensa de quen, en pleno decembro, quedaron sen teito.

Moi rápidos para pedir eleccións, extraordinariamente lentos cando se trata de defender aos máis vulnerables, a uns solicitantes de pousada precisamente a noite do 24 de decembro

Resulta rechamante —e doloroso— o silencio de quen se presenta como guías morais. Moi rápidos para pedir eleccións, moi firmes para opinar sobre o poder e o rumbo do país, pero extraordinariamente lentos cando se trata de defender aos máis vulnerables, a uns solicitantes de pousada precisamente a noite do 24 de decembro.

Non era aí onde comezaba o Evanxeo? Non foi esa mesma escena a que deu sentido ao Nadal?

Parece que a caridade cristiá quedouse nos discursos, mentres a realidade se conxela nas beirarrúas.

Se Cristo aparecese hoxe, pobre e sen papeis, chamando a unha porta pechada, probablemente sinalaríano outra vez. Acusaríano de molesto, de incómodo, de alterar a orde.

E volverían condenalo.

Porque hai fariseos que rezan moito, falan alto e miran pouco. E hai silencios que tamén crucifican.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.