“Agora somos dez, mas quando sejamos onze..”
Jose Afonso
Na actualidade estamos ás portas dun momento crucial para presente e futuro da defensa do SPIF, coas previstas eleccións sindicais que levan anos adiándose. E cómpre lembrar, que as eleccións non as gañan nen as perden os sindicatos, senón que decidimos como nos vai ir no futuro, votando por nós e para nós. Mais sabemos que sindicalismo queremos?
Na historia, no presente, os sindicatos, resultan en orixe, ser o instrumento creado polas clases traballadoras para pórlle couto aos excesos e abusos do poder económico burgués e así, os máis, empuxando e unidos nas diversas formas de loita, poder acadar as melloras necesarias e imprescindibles dunhas condicións materiais de vida dignas.
O sindicalismo e os sindicatos no Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), resultan ser en xeral, suxeitos moi cuestionados, con mala prensa e cotizados á baixa. No noso sector parece que só para resolver cousas do particular e pouco máis. Escoitas opinións de que existe un distanciamento co traballador, leas entre eles, sospeitas (nalgúns casos evidentes) de prebendas e “pasteleo” coa Administración por cursos de formación e postos de liberados sindicais. Pero tamén se escoita a incapacidade doutros de marcar substancialmente a diferencia con todo o anterior. De acadar unha centralidade real do traballo ao servizo do conxunto dos traballadores e traballadoras. A desconfianza do persoal coa representación sindical é alta.
Na actualidade estamos ás portas dun momento crucial para presente e futuro da defensa do SPIF, coas previstas eleccións sindicais que levan anos adiándose. E cómpre lembrar, que as eleccións non as gañan nen as perden os sindicatos, senón que decidimos como nos vai ir no futuro, votando por nós e para nós. Mais sabemos que sindicalismo queremos?
Precisamos un cambio de rumbo na defensa dos nosos intereses e pornos ao tallo sen máis dilación para recuperar a autoorganización, a asemblea o poder da enunciación do traballador/a. Asistir, falar, opinar, esixir, criticar, reclamar, participar, escoitar, acordar e actuar cando se decida. Cómpre facelo
Ao meu ver, precisamos un cambio de rumbo na defensa dos nosos intereses e pornos ao tallo sen máis dilación para recuperar a autoorganización, a asemblea o poder da enunciación do traballador/a. Asistir, falar, opinar, esixir, criticar, reclamar, participar, escoitar, acordar e actuar cando se decida. Cómpre facelo.
Aquí non sobra ninguén. Para a clase traballadora, a unidade de acción non é unha necesidade senón unha obriga: e debemos agruparnos e actuar con audacia e intelixencia.
Desde as bases, desde as asembleas ou calquera outro espazo que poida facer por vigorizar e por a funcionar nosa mellor e única ferramenta para a defensa colectiva dos nosos intereses.
Está todo inventado mais toca, reconducir, tecer, engraxar e reforzar a maquinaria, e reforzar a nosa estrutura para que sexa democrática e ao servizo das persoas ás que representa, facendo que todas as traballadoras e traballadores do SPIF sintan que forman parte dela. Un sindicalismo de km 0, de proximidade, que palpe de cerca o sufrimento nos incendios, e recoñeza as carencias e eivas, que advirta e traslade onde toque os desaxustes e carencias do día a día no noso traballo.
Precisamos delegadas e delegados que nos representen e defendan con coraxe, que sexan os nosos referentes, que nos convoquen, informen e saiban recoller o sentir e trasladalo onde sexa: distrito, mesa de negociación ou á rúa
Insisto, sindicalismo de base que baixe as nosas bases escoite e recolla, que saiba orientar irradiar valores e prácticas elementais da clase traballadora: ser exemplo. Un sindicalismo dunha máis ampla ambición aspiracional que só podemos crear nós mesmos/as involucrándonos. Un sindicalismo que responda eficazmente a reclamación e defensa dos nosos dereitos e que saiba que temos obrigas para con nós. Guiado polos principios da igualdade e a solidariedade.
Precisamos delegadas e delegados que nos representen e defendan con coraxe, que sexan os nosos referentes, que nos convoquen, informen e saiban recoller o sentir e trasladalo onde sexa: distrito, mesa de negociación ou á rúa. Sen temor combinando magnitude numérica con imaxinación no momento axeitado. Representantes que recuperen en nós a seguridade e a confianza en unha outra forma de facer sindicalismo e recuperar a ilusión.