Estas letras son unha lembranza de Elvire. Elvire, o seu alcume na Wikipedia, Elvira Mendes-Vega de nome e familia... Non a coñecín en persoa, vaia por diante. Pero si a tratei, mesmo sen coñecela: ser compañeiros na Galipedia, esa foi a ligazón. O 13 de maio, unha data con sonoridade portuguesa, aló polo 2013, faleceu
Estas letras son unha lembranza de Elvire. Elvire, o seu alcume na Wikipedia, Elvira Mendes-Vega de nome e familia... Non a coñecín en persoa, vaia por diante. Pero si a tratei, mesmo sen coñecela: ser compañeiros na Galipedia, esa foi a ligazón. O 13 de maio, unha data con sonoridade portuguesa, aló polo 2013, faleceu. Pode atoparse unha foto súa, unha única, na Galipedia (Fotografía CC0 de Luis Miguel Bugallo, Lmbuga).
Aló polo 2008 ou 2009 había un núcleo de xente máis relacionada dentro da Galipedia, unhas 8-10 persoas. Elvire era unha delas, exercendo a súa galeguidade dende unha Francia emigrante. Cunha conciencia de falta de Galicia na súa vida pola emigración e, ó tempo, unha querencia galega non sei se a pesar ou debido a esa falta.
É pouco o que podo dicir de Elvire con seguridade, só algúns detalles, mais teño que sinalar a causa destas letras, a súa orixe, e esa é a miña admiración por como unha francesa, ben que con orixe en Galicia, alguén que dicía saber o galego abondo peor que o castelán, e este, moito peor que o francés, identificou a Galipedia como un lugar no que poder contribuír a Galicia, poñendo o seu gran de area, grande, no proxecto comunitario. O dunha Galicia que a falta de tela baixo dos seus pés, estaba no seu corazón.
Aló polo 2008 ou 2009 había un núcleo de xente máis relacionada dentro da Galipedia, unhas 8-10 persoas. Elvire era unha delas, exercendo a súa galeguidade dende unha Francia emigrante. Cunha conciencia de falta de Galicia na súa vida pola emigración e, ó tempo, unha querencia galega non sei se a pesar ou debido a esa falta
Repaso a correspondencia (correo electrónico) daqueles anos e atópome algunha cousa que delata algo de seu. Relataba nun deles que ía con moito retardo nas tarefas que pretendía na Galipedia e na wikipedia en francés. Achacábao a asuntos persoais, lamentando que a vida real a atropelara. E explicaba que consideraba que tiña que adiantarse na versión francesa porque pensaba que se a Galicia daquela, a súa cultura e a súa historia estaban ben tratadas das wikipedias das ‘linguas grandes’, iso era importante para Galicia, e no trempo non era o caso na wikipedia en francés. Si, tiña un dominio moito maior da lingua francesa e colaboraba na versión francesa, máis ó tempo que o facía na versión galega, na española, no Galizionario... E aínda que a relación de rexistros das súas contribucións indican que podíalle o editar nas versións en galego, o exposto indica que era moi consciente na procura do maior rendemento da súa colaboración na comunidade do coñecemento libre e en favor de Galicia.
Noutro lugar, ten axustado: “chámome ElvirA, o meu alcume é Elvire, por non estar libre na WPfr ElvirA cando me rexistrei, e como en francés chámome ElvirE que estaba libre …” Ou sexa, Elvire porque non lle queda outra, mais Elvira de sentimento e de forma legal, aínda que na pequena comunidade Galipedista calara o alcume ‘Elvire’.
Para min, unha mostra dunha emigración que sente e fai por Galicia e que merece o meu recoñecemento (e o de todos nós).
Soe dicirse ‘descanse en paz’. Que así sexa. Mais se queres visitala, a súa obra, as súas contribucións á cultura libre en galego están visibles. Un exemplo, as máis de nove mil edicións na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Contribucións/Elvire