Quen lle teme ao faquir?

O faquir de Rianxo © Noa Saez Seguí

Un faquir para nós é un mago, un mago da brutalidade, do body horror, unha figura totalmente cosificada polo sadismo de Occidente e moi allea á súa procedencia. A palabra faquir ou faqir provén do árabe faqīr, que significa pobre. Historicamente, o termo facía alusión non á pobreza económica, senón á espiritual, no marco de interpretación do pecado como algo innecesario

Un faquir para nós é un mago, un mago da brutalidade, do body horror, unha figura totalmente cosificada polo sadismo de Occidente e moi allea á súa procedencia. A palabra faquir ou faqir provén do árabe faqīr, que significa pobre. Historicamente, o termo facía alusión non á pobreza económica, senón á espiritual, no marco de interpretación do pecado como algo innecesario, referíndose a ascetas asociados ao sufismo, que na nosa cultura podería compararse, con moitas pinzas posto que no islam o monasticismo é unha práctica prohibida, ao monacato cristián.

Entre os ss. XVI e XIX, durante a era do Imperio Mughal, que abarcou gran parte do subcontinente indio e outros territorios colindantes, o termo extendeuse á India. A peculiaridade do pobo mogol, cuxa dinastía gobernante era islámica pero administraba unha rexión con maioría hindú, así como o uso burocrático do persa, abriu as portas a outras relixións, de modo que “faquir” empezou a empregarse para denominar de forma xeral a aquel que vivía da esmola e/ou meditación. En concreto, o islam e o hinduísmo experimentaron unha simbiose como consecuencia do alento do sincretismo por emperadores como Akbar o Grande.

“O faquir” chegou a Europa vía Reino Unido, deformado por esa mirada eurocentrista que funciona como lente e que occidentaliza todo. Cando a Compañía Británica das Indias Orientais atopouse con homes que vagaban polas rúas case total ou totalmente espidos facendo retos físicos en grao sumo grotesco para o seu sibaritismo, viu neles un exotismo salvaxe digno de converterse nunha mostra zoolóxica.

“O faquir” chegou a Europa vía Reino Unido, deformado por esa mirada eurocentrista que funciona como lente e que occidentaliza todo. Cando a Compañía Británica das Indias Orientais atopouse con homes que vagaban polas rúas case total ou totalmente espidos facendo retos físicos en grao sumo grotesco para o seu sibaritismo, viu neles un exotismo salvaxe digno de converterse nunha mostra zoolóxica. Foron perseguidos na súa propia terra e expostos deshumanizados en Europa, reducíndose a ser escravos do espectáculo, quedando a súa figura transformada pola moda do orientalismo —e.g., no relato de 1902, A pata de mono, W.W. Jacobs preséntanos a un faquir hindú case mitolóxico—. Os faquires eran capaces de bloquear a dor física centrando a súa mente en deus, pero ao ser traídos a Europa como circenses, o seu deus deixou de ser un deus para empezar a ser xa na idade da globalización a perseveranza, a saciedade da súa fame, a prosperidade,... no sentido do esmoleiro que se busca a vida como intérprete ambulante e que xa non é escravo —se entendemos “escravo” convencionalmente—, senón cidadán; e quizá esa substitución sexa un dos maiores xiros argumentais —considérese o eufemismo— agnósticos e capitalistas dende a súa animalización.

Pero antes de toda esta explotación, España xa estivera en contacto con ascetas sufíes, como os morabitos, polo seu pasado musulmán. A cultura mozárabe adoptou estas figuras e conviviu con elas ata o fin da Reconquista, momento no que as prácticas místicas islámicas prohibíronse e foron catalogadas como herexía ou bruxería. Foi entón cando a resistencia morisca, nun último intento de salvagardar a súa identidade tratando de resucitar o espírito mozárabe, comete a fraude dos Chumbos de Sacromonte de Granada, un “quinto evanxeo” escrito en árabe revelado pola Virxe María que demostraría que o islam estaba na raíz do catolicismo e que ambos conformaban unha única fe para así librarse da expulsión. O éxito local foi temporal e a hipotética cristianización árabe de España non foi suficiente para frear o plan de destrución da súa cultura na península. Así, a Inquisición animou o traslado dos Libros Plúmbeos ao Vaticano co fin de evitar a súa difusión e os místicos islámicos tiveron que exiliarse no norte de África. Con todo isto e o desmantelamento das rábidas, cando o termo faquir entrou no século XIX mutado polos británicos, España xa borrara da súa memoria colectiva o seu pasado ligado ao misticismo da cultura musulmá, un pasado moito máis importante do que a construción nacional moderna quería admitir.

O home da imaxe, como está escrito no seu casco, é o faquir do seu pobo, Rianxo. Chámase José Luis e ten 75 anos, pero o seu nome foi borrado polo seu oficio: “todo o mundo aquí coñéceme como Faquir. Dinme ‘Faquir, Faquir, ven’”. Foi recrutado na súa mocidade polo Pai Silva, quen foi fundador do Circo dos Rapaces e que se dedicaba a sacar da miseria a nenos que logo reformaba e reinstauraba na sociedade a través do mundo do espectáculo

Aínda que é certo que tras a Guerra de Alpujarras (1568-1571) moitos moriscos granadinos iniciaron o seu éxodo ao norte peninsular, o intercambio cultural na Galiza ten orixes máis antigas. Por exemplo, o fundador de Badaxoz, Ibn Marwán, era coñecido como “o Galego” xa no século IX. A pesar disto, o campesiñado galego do século XX vía ao faquir como unha atracción de feira que chocaba co esoterismo e a figura do meigalllo ao que estaba acostumado, un entretemento importado polos ingleses ignorando, nese estado de amnesia tan característico de España, que facía mil anos os seus antepasados conviviran coa cultura dos verdadeiros faquires.

En lugar de recoñecer e respectar a súa orixe real, o racismo occidental desembocou no timo racial do fenómeno dos “falsos faquires”: persoas que se facían pasar por árabes ou indios, vestindo turbantes e pintándose a pel, que balbuceaban palabras inventadas con sonoridade “oriental” para atraer ás masas que morrían do morbo que lles xeraba o exotismo. Esta práctica é criticada n’O falso faquir, a farsa dos anos trinta escrita polo rianxeiro Rafael Dieste.

A día de hoxe “o faquir” xa non ten identidade máis aló da mencionada ao principio, a dun mago do body horror que pretende gañarse a vida exhibindo os seus trucos. O que nunca cambiou foi a súa resistencia tanto física como mental, merecedora de admiración.

Agora está retirado e dedícase a pasear en patinete eléctrico —de aí o casco— Todos saben que coñeceu as dores físicas e mentais máis extremas que xamais padecese o home, pero que superou reunindo nel a esencia da audacia e da resiliencia propia do faquir

O home da imaxe, como está escrito no seu casco, é o faquir do seu pobo, Rianxo. Chámase José Luis e ten 75 anos, pero o seu nome foi borrado polo seu oficio: “todo o mundo aquí coñéceme como Faquir. Dinme ‘Faquir, Faquir, ven’”. Foi recrutado na súa mocidade polo Pai Silva, quen foi fundador do Circo dos Rapaces e que se dedicaba a sacar da miseria a nenos que logo reformaba e reinstauraba na sociedade a través do mundo do espectáculo. A rudeza da súa vida intúese nos seus ollos, uns ollos que viaxaron por toda a Galiza, España e o estranxeiro, e que viron a un público que quedaba fascinado ao observalo tragar sabres e botellas, manipular lume ou camiñar por unha senda de cristais rotos. “Pero non sempre saía ben”, comentaba, “unha vez queimeime, o meu fillo deulle unha patada a un barril en chamas. Ademais, esta profesión xeroume problemas respiratorios crónicos”.

Agora está retirado e dedícase a pasear en patinete eléctrico —de aí o casco—. É coñecido amplamente por toda a zona como unha icona, un artista errante que estivo en todas partes por catro pesetas, que lle serviron para sustentarse a el e aos seus dous fillos, e que todos saben que coñeceu as dores físicas e mentais máis extremas que xamais padecese o home, pero que superou reunindo nel a esencia da audacia e da resiliencia propia do faquir.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.