Votar con resultados

Dominio Público Praza Pública

Un representante galego nas Cortes sostiña en privado, hai varias lexislaturas, que o Estado español é débil, cuns resortes de poder moi vulnerábeis. Resultaba estraño ouvir iso de alguén que non é inxenuo. Os cataláns talvez pensaron o mesmo cando se imaxinaron incorporados á Europa dos ricos e despegados dos PIGS. Non era así. Demóstrao o retorno pendular producido pola acción independentista: a reacción durísima do poder xudicial e o empoderamento ( a palabra aquí non é tópica) do rei, atribuíndose funcións que lembran levemente as do seu bisavó.

Todo iso será asunto menor se o extremismo trunfa o día 28. Cataluña está máis perto de perder a autonomía que de gañar a independencia, di Felipe González. O PNV sábeo ben. Mais o desafío é maior do que iso, porque o espectro ultra chama ás portas.

No espazo político galego pola esquerda do PSOE parece lóxico reforzar aquela oferta, de entre elas, con expectativas de obter representación. Iso non significa concederlle máis crédito, nesta altura, que o derivado de parar a extrema dereita.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.