O Consello Nacional da Mocidade Nacionalista Galega, referente xuvenil de Máis Galiza, vén de decidir a convocatoria dunha Asemblea Nacional extraordinaria do colectivo, no que lle proporá á súa militancia abandonar Galiza Nova, a organización de mocidade do BNG.
Segundo fontes da MNG consultadas por Praza Pública nese cónclave, que se celebrará vinte e catro horas antes do da corrente que encabeza Carlos Aymerich, "falaremos do que toca, de política xuvenil", e non de permanecer ou marchar do Bloque. "A aposta unánime" da dirección da MNG "é abandonar Galiza Nova, teráo que ratificar a asemblea", explican as mesmas fontes. Mentres, "As propostas sobre o futuro do BNG decidirémolo co resto da militancia de Máis Galiza, non como lobby", precisan.
A Mocidade Nacionalista Galega viña traballando no seo de Galiza Nova como corrente organizada defindíndose como "nacionalistas, galeguistas, progresistas, republicanos e de esquerdas". Na actualidade, sinalan, contan cuns 200 militantes.