A mensaxe do rei perdeu nun ano dez puntos de audiencia en Galicia

Imaxe do tradicional espazo televisivo emitido na Noiteboa © RTVE

A tradicional mensaxe de Noiteboa do rei Juan Carlos I, emitida este martes, foi a menos vista da historia, cun total de 6.580.000 espectadores en todo o Estado. Isto representa un 60,4% de cota de pantalla (sobre o total de persoas que nese momento vían a televisión), pero só un 18,1% sobre o total dos cidadáns maiores de catro anos. En 2012, a mensaxe obtivo unha audiencia do 64,4% por cento en toda España, 6.921.000 espactadores, un 18,2% do total.

En Galicia a caída do interese polas palabras do monarca é moi superior. En 2013 o espazo foi seguido polo 60,9% dos e das espectadoras de televisión, cinco décimas por riba da media, fronte ao 71,2% acadado no 2012

En Galicia a caída do interese polas palabras do monarca é moi superior. En 2013 o espazo foi seguido polo 60,9% dos e das espectadoras de televisión, cinco décimas por riba da media, fronte ao 71,2% acadado no 2012. En total, a audiencia caeu dende os 485 mil persoas até as 411 mil, o que representa o 19,3% dos galegos e galegas maiores de catro anos.

Tan só Euskadi (36,3% de share e 11,4% do total), Catalunya (42,6% e 13,3%), Canarias (52,5% e 14,8%), Asturias (60,1% e 19,8%) e Andalucía (60,2% e 20,2%) rexistran audiencias inferiores. Pola contra, Castela e León, Castela A Mancha, Aragón, Madrid e Valencia son os territorios nas que a mensaxe do xefe do Estado espertou maior interese. Porén, mesmo alí, as súas palabras foron seguidas por pouco máis que o 20% dos seus habitantes. A audiencia é moito menor entre os menores de 45 anos (por debaixo do 50% de share e roldando o 10% do total de persoas), fronte ao 73,6% de audiencia acadado entre os maiores de 65 anos.

Este foi o ano, ademais, non que menos canles emitiron a mensaxe, tan só 20, fronte ás 25 do pasado ano ou as 33 que o fixeron en 2010. Até o ano 2007 a mensaxe do rei acadaba shares superiores ao oitenta por cento, cun récord do 88,7% en 1999. E audiencias totais que superaban os nove millóns, case tres millóns máis que na actualidade.

Imaxe do tradicional espazo televisivo emitido na Noiteboa © RTVE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.