A militancia de Anova votará en referendo a fórmula para as europeas

Asemblea de Anova en Compostela, o pasado mes de xuño © Anova

Os e as militantes de ANOVA decidirán nun referendo o modelo de coalición e o programa político para as eleccións europeas do vindeiro ano, segundo decidiu este sábado a Coordinadora Nacional da formación. 

Antes, iniciarase un proceso asembleario, a nivel comarcal, para comezar a debullar este asunto, até chegar a unha Conferencia Política, que se celebrará previsiblemente en xaneiro, e na que se debaterán as distintas propostas. O proceso rematará cun referendo no que a militancia tomará a decisión final votando nas súas localidades e comarcas. 

As asembleas comarcais recibirán "unha información completa e actualizada" sobre os contactos que Anova está a manter con distintas forzas políticas, buscando a conformación, segundo está recollido nos documentos da formación, dunha "fronte ampla non excluínte".

Asemblea de Anova en Compostela, o pasado mes de xuño © Anova

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.