AUDIO| A análise da noite electoral

CC-BY-SA Praza Pública

A corresponsal en Madrid da axencia rusa Sputnik, Virginia Uzal ve nesta noite electoral un "gran avance da dereita". Uzal tamén subliñou o "discurso triunfalista de Pedro Sánchez" pese a empeorar o resultado. A corresponsal constata tamén a supervivencia do bipartidismo e do PSOE, que non sufriu o anunciado sorpasso. 

O asesor da Generalitat, Silvio Falcón cóntanos o seu parecer e di constatar tres cuestións principais: o trasvase de votos de Cidadáns ao PP, o PSOE aguanta o sorpasso e Cidadáns non se consolida. Falcón analiza tamén os datos propios de Cataluña. O asesor cre que podería haber unhas terceiras eleccións.

O director do Sermos Galiza, Xosé Mexuto tamén debuxa as súas percepcións do 26-X. Mexuto cre que Sánchez vai ter que "tomar unha decisión, ou ben permitir a investidura de Mariano ou ben ir a terceiras eleccións". "En Galicia o resultado do PP é notable", di o director, "o resultado do BNG estaría por debaixo das expectativas debido a unha campaña moi españolizada e polarizada", sostén.

 

A analista Ana Luisa Bouza, xa co escrutinio practicamente rematado resume así as súas impresións.

O economista Gonzalo Rodríguez fai unha reflexión sobre a baixada da participación nestes segundos comicios. Fala de "deslexitimación do proceso democrático" por parte de Felipe VI. 

 

 

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.