Bieito Lobeira é o novo secretario de organización do BNG

Executiva Nacional do BNG © BNG

A executiva nacional do BNG acordou o reparto de responsabilidades dos seus membros, elixidos na Asemblea Nacional celebrada o 17 de marzo.

Bieito Lobeira é o novo secretario de organización da formación nacionalista liderada por Xavier VenceGoretti Sanmartín ocupa a Secretaría de Implantación e Estratexia municipal, Xosé Antonio Rubal a Secretaría de Comunicación e Montse Prado a Secretaría de Imaxe e Campañas.

Francisco Jorquera coordina a Acción Institucional no Parlamento e Rosana Pérez, no Congreso dos Deputados. O organigrama complétano Xavier Campos (Alternativas Programáticas), Adrián Dios (Estudos e Formación), Saleta Chao (Políticas Sectoriais), Ana Miranda (Política Internacional), Rafael Vilar (Acción Social), Mar Vila (Territorio), Ximena González (Acción Feminista) e Nestor Rego (Iniciativas Políticas).

Executiva Nacional do BNG © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.