Campaña a prol dunha mellor representación das nacións sen Estado co gallo do Día de Europa

Video elaborado polo Centre Maurits Coppieters © Centre Maurits Coppieters

O centro de estudos Maurits Coppieters, que preside Xabier Macias, difunde este 9 de maio o estudo The Ascent of Autonomus Nationsque denuncia que a poboación galega é a segunda peor representada na Eurocámara. Este xoves, co gallo do Día de Europa, o Centro difundirá un vídeo que explica de forma sinxela as teses que desenvolve no documento, que acompañará dunha campaña viral en twitter e facebook. As persoas de retuiteen ou compartan o vídeo e remitan o seu enderezo postal recibirán un agasallo.

O estudo, do que Praza xa deu conta o pasado mes de decembro, conclúe que a poboación galega é a segunda peor representada no Parlamento Europeo. "Os estados de menor tamaño teñen mellor representación e máis poder de influencia na Comisión e no Consello", pero tamén no número de eurodeputados e deputadas. Así, Galicia, que ten 800.000 habitantes máis ca Eslovenia, "ten a metade de escanos no Parlamento Europeo". "O noso país conta en 2012 cun eurodeputado por cada 700.000 habitantes". Mentres, os cidadáns e cidadás de Eslovenia teñen "un por cada 250.000", por por riba da media, situada nun representante para cada 600.000 persoas. O estudo defende que nunha ampliación da UE a 34 estados, Galicia escollería tres veces máis eurodeputados.

Este organismo ligado á Alianza Libre Europea difunde este estudo nun momento no que, destaca o seu autor, Matthew Bumford, existe unha "dinámica emerxente do recoñecemento da autodeterminación de novas nacións". Non en van, subliña, "nos últimos 20 anos os membros das Nacións Unidas pasaron de 153 a 193, unha tendencia que se albisca tamén con clridade en Europa, onde Escocia e Catalunya poderían celebrar referendos en 2014".

Video elaborado polo Centre Maurits Coppieters © Centre Maurits Coppieters
Video elaborado polo Centre Maurits Coppieters © Centre Maurits Coppieters

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.