Compromiso propón reducir en 2.000 euros o soldo de cada deputado

Delegación de Compromiso no Parlamento © CxG

Compromiso por Galicia rexistrou este xoves no Parlamento unha proposta para a redución do salario -solo e dietas- dos deputados do Parlamento de Galicia en 2.000 euros ao mes, así como a redución dun 25% das subvencións aos distintos grupos parlamentarios e dun 30% da partida orzamentaria de gasto corrente. E presentouna como alternativa ao pretendido tesoirazo á Cámara que pretenden a Xunta e o PP para reducir catorce parlamentarios, deixalos en 61 en lugar dos 75 habituais e favorecer así os seus feudos electorais.

A medida suporía, segundo Compromiso, un aforro de 330.000 euros ao mes

Segundo o líder de Compromioso, Xoán Bascuas, as tres medidas propostas pola súa formación significarían "un aforro mensual de 330.000 euros", ademais de "non utilizar a escusa da austeridade para mermar a pluralidade e a calidade democrática" do Parlamento. Ademais, a coalición nacionalista destacou tamén que a súa é unha iniciativa "por escrito e con carácter propositivo" que vai máis aló dunha avaliación da polémica reforma da lei electoral que pretende o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. "Compromiso visualízase participando dos debates, con argumentos serios e propondo alternativas contundentes pero realizables”, insistiu.

"Non se pode utilizar a escusa da austeridade para mermar a pluralidade e a calidade democrática do Parlamento"

Ademais, Xoán Bascuas lembrou que reducir o número de deputados da Cámara “reduce a proporcionalidade entras as circunscricións, e dificulta a expresión parlamentaria da pluralidade política existente entre a sociedade galega”, polo que Compromiso deixa claro o seu rexeitamento a unha iniciativa que, "de ser aprobada, suporía unha degradación da importancia da principal institución da nosa nación, e
punto onde se reflicten as demandas das cidadanía”.

Delegación de Compromiso no Parlamento © CxG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.