Constitúese o grupo promotor da Iniciativa Galiza pola Soberanía

Manifestación de Galiza Non Se Vende Dominio Público Praza Pública

Ao redor de 130 persoas participaron este sábado na Facultade de Económicas da USC na xuntanza do grupo promotor da Iniciativa Galiza pola Soberania. O grupo, que está aberto a novas incorporacións, quere "desenvolver un intenso traballo social para colocar no seo da sociedade galega o debate sobre a necessidade de exercermos a soberanía".

Afirman que "vivimos momentos excepcionais, de auténtica emerxencia nacional. A actual crise económica e social agrava e torna máis dramaticamente visíbeis as consecuencias da dependencia á cual a nosa nación se ve sometida"

Afirman que "vivimos momentos excepcionais, de auténtica emerxencia nacional. A actual crise económica e social agrava e torna máis dramaticamente visíbeis as consecuencias da dependencia á cual a nosa nación se ve sometida, particularmente as políticas de desmantelamento dos nosos sectores produtivos nas últimas décadas". E engaden que "neste contexto, xulgamos necesario reaxir como País, dotándonos dos instrumentos que nos permitan decidir libremente sobre o noso futuro, sobre a xestión dos nosos recursos, sobre o noso sistema financeiro, sobre a nosa economía, sobre a nosa lingua... que nos permita construir unha sociedade nova, baseada na xustiza e na igualdade, non patriarcal, respectuosa co medio e que garanta o dereito ao traballo, á educación, á sanidade, á vivenda, á cultura, ao benestar públicos. Para iso, precisamos de soberanía, precisamos dun Estado própio".

Explican que "o sistema político español, cruel e corrupto, ao servizo de intereses antagónicos cos do noso país, lesivos para a maioría social, está en grave crise. A pesar diso, pretende unha re-centralización política e protagoniza unha sistemática campaña de españolización, de asimilación cultural e lingüística, evidenciando a súa incapacidade para admitir a existencia de nacións com linguas, culturas e intereses propios" e que "o noso país non pode ficar á marxe do debate aberto non só no Estado español, mais tamén noutras áreas da Europa Occidental, sobre o dereito e o exercício da soberanía por parte das nacións sen Estado".

A iniciativa lanzada en Compostela "pretende desenvolver un intenso traballo social para colocar no seio da sociedade galega o debate sobre a necesidade de exercermos a soberanía"

A iniciativa lanzada en Compostela "pretende desenvolver un intenso traballo social para colocar no seio da sociedade galega o debate sobre a necesidade de exercermos a soberanía". E para iso inician "un proceso constituinte que, a partir do grupo inicial, incorpore durante as próximas semanas máis persoas representativas de toda a pluralidade dos movementos sociais, sindicais, culturais e políticos, unidas pola vontade de sermos e actuarmos como nación libre".

 

Lista de apoios da iniciativa

Adela Leiro, ambientalista, Cambados
Afonso Álvarez Cáccamo, escritor
Afonso Tellado Sande,  reformado, San Sadurniño
Alba Cuba Dorado, triatleta, Lugo
Alba Nogueira López, profesora da USC, Compostela
Alberte Amado Tallón, trabalhador EINSA, As Pontes
Alexandre Banhos, sociólogo, ex-presidente da AGAL
Alexandre Costa (seleçons galegas, desporto de base, futebol gaélico Suévia)
Amós Varela, músico (Nao)
Andrei Quintiá, estudante
Antía Insua Lema, estudante, Corcubión
Antia Marinho (Secretária da APDR, Ponte Vedra)
Antom Fortuna (Verdegaia) 
Antón Freire Varela, estudante de E, Medio, A Coruña
Antonio Fernández Oca, Compostela
Aurélio Lopes, Compostela
Aurora Magán Escariz (Associaçom cultura Fervedoiro, Cúntis)
Baldomero Iglesias Dobario (Mero), músico
Bautista Vega Tato, Fenosa, Compostela
Beatriz Fariña Garrote, estudante, Ourense
Beatriz Peres Bieites (Gentalha do Pichel)
Benigno A. Lima, Telefónica, Cangas
Brais Pedreira Taboada, estudante, Compostela
Carlos Garrido (Presidente da Comissom Lingüística da AGAL)
Carlos Velasco Souto, historiador, A Coruña
Celso Comesanha, Vigo
César Caramês, activista social
César Lago, comerciante, Compostela
Charo Lopes, Ponte Nova
Cibrán Santamarina Ríos, físico, profesor da USC, Compostela
Concepción Freire Montes, Coasa, Ourense
Craig Patterson, Gales
Cristian Puente, estudante, Liga Nacional de Bilharda
David Otero, profesor e escritor, A Estrada
David Rodeiro, Siareir@s Galeg@s
Denis Fernández Cabrera (SCEA, clube de esgrima antigo)
Dionisio Pereira, historiador
Eduardo Sanches Maragoto (Conselho da AGAL, redator do Novas da Galiza
Elvira Souto Presedo, profesora da USC, Teo
Eva Cortinhas Ferreira, ativista juvenil, Compostela
Fernando Acuña, sindicalista, Vigo
Fran P. Lorenzo, xornalista, Compostela
Francisco Carballo, reformado, Ourense
Francisco Diéguez Rodríguez, NGB, Ourense
Francisco Pillado, escritor, A Coruña
Francisco Sampedro Ojeda, filósofo, Vigo
Gustavo César Veloso, ciclista, Cambados
Héctor Tejón, activista social (desafiuzamentos), A Coruña
Heitor Picallo, historiador, Cuntis
Henrique Costas, profesor UVigo
Henrique Harguindey Banet, tradutor e escritor, Cangas
Henrique Pérez, metal, Vigo
Isabel Fernández (Executiva Comarcal CIG Ferrol)
Isabel Risco, actriz, A Coruña
Joám Bagaria, Lugo
Joám Lopes Facal, economista
Jorge Francisco Fernández Saborido
José Alberte Corral Iglesias, O Facho, A Coruña
José Antóm Gonçalves 'Muros', Muros
José Cadaveira (ativista ecologista)
José Silva Cambeiro “Josinho do 13” (ativista vicinal)
Laura Guisantes “Tantes” (Associaçom cultural Lusco e Fusco do Baixo Minho)
Lois Diéguez, escritor, A Coruña
Lois Manuel Méndez Pérez, Sergas, Ferrol
Lucía Veciño Souto, Estudante, Ponteceso
Luciano Lugilde  Fernández, BBVA, Vigo
Luís Gago Chao (Assembleia de desempregad@s-CIG, Ferrol)
Luís Lobato García, Boergwarner, Vigo
Luísa Ocampo, activista feminista
Manuel Bouzón Vila, EMESA
Manuel González Moreira Sergas, Vigo
Manuel Mera, sindicalista, Vigo
Manuel Zabala, FCC
Manuela Catoira, A Coruña
Marcelino Amado Díaz, Navantia, Ferrol
Marcial Gondar Portasany, profesor da USC, Compostela
Marcos Pena (Escola de Ensino Galego Semente)
Margarida Blasco Fernández, Bosch Telemarketing, Vigo
Margarita Ledo, profesora, Compostela
Maria Iglésias (As Brisas do Quenllo, Tordoia e Sacha na Horta)
María Xosé Silvar 'Sés', cantora, A Coruña
Marica Campo, escritora, Lugo
Marta Dacosta Alonso, sindicalista da CIG-Ensino, Baixo Minho
Maurício Castro (do Coletivo Editor do Diário Liberdade)
Miro Villar, escritor
Nemésio Barxa, Advogado, Ourense
Noelia Cachaza Díaz, Navantia, Ferrol
Olalla Rodil Fernández, xornalista, Ribeira de Piquín
Olga Castro, profesora, Birminghan
Óscar Peres Vidal (ativista obreiro)
Óscar Rodríguez Álvarez, metal, Ourense
Paula Rios (Ativista feminista nas MNG)
Paulo Martearena 'Nahuel', Compostela
Paulo Rico (Gentalha do Pichel)
Paulo Tobio Espinho (ativista cultural e músico)
Pedro Alonso Iglesias, activista do ecoloxismo, Ames
Pilar García Negro, profesora da UdC, A Coruña
Pilar Neira, deportista
Ramón Regueira, A. Castelao, Pontevedra
Raquel Vázquez Vázquez, Unísono, Vigo
Ricardo Otero Dosantos, Denso, Vigo
Rodolfo Fernandes Vasques, Navantia, Ferrol
Ruben Silva Dominguez, Frigolouro, O Porriño, cárnica
Samuel Ben Conde, estudante, Compostela
Sandra Otero Fernández, Correos, Ferrol
Séchu Sende, escritor, Compostela
Simom Ubeira (Centro Social Fuscalho, A Guarda)
Sónia Esteves Romero (Assembleia de Mulheres do Condado)
Suso Irago, Compostela
Tereixa Navaza, xornalista, Brión
Teresa Moure Pereiro, profesora da USC e escritora, Compostela
Uxía Senlle, cantora
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador, Compostela
Vítor Vaqueiro, escritor, Vigo
Xavier Macías Virgós, Psicólogo, Compostela
Xavier Moreda (AGARB)
Xavier Queipo, escritor, Bruxelas
Xavier Vilhar Trilho, profesor da USC, Compostela
Xende Lopes Teixeiro (Fundaçom Artábria)
Xoán Bouza Casanova, Sergas, A Mariña
Xoán Carlos Rodríguez Ansia, sindicalista, Compostela
Xosé Alfredo Pereira, OGCMMC
Xosé Estévez, Euskal Herria
Xosé Lois 'O Carrabouxo', Ourense
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), músico
Xosé Manuel Barbosa Pirame, Asientos de Galicia, Vigo
Xosé Manuel Gándara Villa, Iberconsa, Vigo
Xosé Paleo Rodríguez, Alcoa, A Mariña
Xosé Ramón Robes Campos, Securitas, Vigo
Xose Sieira Noceda, Escuris-Jealsa, Pobra do Caramiñal
Xulio Moskovich, Alcoa, A Coruña
Xulio Vicente, activista social (preferentes), Baixo Miño
Xurxo Borrazás, escritor, Vigo
Xurxo Souto, músico e escritor, A Coruña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.