A práctica totalidade dos principais dirixentes políticos que tiveron que xestionar a catástrofe do Prestige, principais destinatarios das protestas cidadás naqueles anos, continuaron acumulando diversos postos. Agás Manuel Fraga, falecido en xaneiro de 2012, e Jaume Matas, defenestrado da política a causa das súas condenas por corrupción, o resto de cargos da época continúan vinculados á política, a comezar por Mariano Rajoy, vicepresidente e principal voceiro do Goberno de José María Aznar nos meses posteriores ao naufraxio. Este foi o seu percorrido.
d